"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Poeta. Foi editor do diario Brooklyn Eagle (1846-1948). Escribiu o poemario Leaves of Grass (1855), que ampliou en sucesivas edicións ata a súa morte, e no que conseguiu unha renovación drástica da poesía estadounidense pola súa dicción distinta, os seus ritmos irregulares e o tema autobiográfico, o que o converteu no cantor dun país novo, cunha gran fe no poder da democracia e na iniciativa privada. En prosa escribiu   Specimen Days (1882).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro inglés. En 1930 patentou a súa primeira turbina, que máis tarde aplicou á aviación. En 1941 conseguiu facer voar o Glorter, o primeiro avión turborreactor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo alemán. Organizou e dirixiu as expedicións arqueolóxicas en Turquía e estudou os monumentos de Petra e da península do Sinaí, e os palacios de Bizancio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. Iniciou a súa obra con poesía de carácter pietista, pero axiña se decantou cara a un estilo que lembra o da cultura francesa da Ilustración. Escribiu obras épicas en que plasmou o seu ideal do home, próximo ao clasicista, como en Geschichte des Agathon (Historia de Agatón, 1766).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico alemán. ; Recibiu o Premio Nobel de Química (1927) polos seus estudos de química orgánica e bioquímica (sales biliares, radicais, velenos, tóxicos, a oxidación biolóxica, etc). O seu fillo, Otto Heinrich Wieland (Múnic 1920), continuou os seus traballos sobre bioquímica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico estadounidense. Recibiu o Premio Nobel de Física (2001), compartido con E. A. Cornell e W. Ketterle, pola realización da condensación Bose-Einstein, e polos seus fundamentais estudos sobre as propiedades da condensación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado metropolitano de Manchester, Inglaterra, Reino Unido (301.415 h [2001]). É un centro industrial e mineiro á beira do Douglas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico teórico. Realizou estudos sobre física atómica e aceleradores de partículas.   Recibiu o Premio Nobel de Física (2004), compartido con D. J. Gross e H. D. Politzer, polo descubrimento da liberdade asintótica na teoría da interacción forte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo alemán. Coñecido como Ferdinand von Richthofen, organizou unha asociación de xeografía e fundou un instituto oceanográfico. Está considerado como un dos creadores da xeomorfoloxía. Foi o primeiro científico que individualizou as rías como un tipo singular de costa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor flamengo. Mestre de capela de San Marcos de Venecia, fundou a escola veneciana. Compuxo 350 motetes, 9 misas, 60 madrigais italianos, 65 cancións francesas, 14 danzoni villanesche alla napolitana e máis de 12 ricercari.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e ecumenista. Presidiu o Secretariado para a Unión dos Cristiáns (1968-1989). Participou no Concilio Vaticano II, no relativo aos temas sobre liberdade relixiosa e relacións coas relixións non cristiás. Consagrado bispo (1964), foi nomeado cardeal por Paulo VI (1969) e arcebispo de Utrecht (1976-1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e filólogo flamengo. Considerado o iniciador do movemento flamengo, dedicouse ao estudo do neerlandés. Das súas obras destaca, en dous volumes,   Verhandeling over de nederduytsche tael- en letter-kunde (Tratado sobre a filoloxía e a literatura neerlandesas, 1819-1824).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >Coñecido como Tennessee Williams, destacou como dramaturgo. O seu primeiro éxito foi The Glass Menagerie (1945), seguido de A Streetcar Named Desire (1947), Summer and Smoke (1948), The Rose Tattoo (1951) e Camino Real (1953), non obstante, as obras máis destacadas son Cat on a Hot Tin Roof (1955) ou Sweet Bird of Youth (1959), ambientadas no sur e con mulleres que queren fuxir da atmosfera asfixiante que as envolve. Escribiu tamén Night of the Iguana (1962), Small Craft Warnings (1972), The Eccentricities of a Nightingale (1976) e Clothes for a Summer Hotel (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Fixo investigacións en química orgánica (esterificación, éteres, alcohois) e clasificou os compostos orgánicos segundo a súa estrutura molecular. Propuxo o concepto de equilibrio dinámico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor inglés. Coñecido como Angus Wilson, destaca polo seu agudo sentido crítico e satírico. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >Publicou Anglo-Saxon Attitudes (1956), The Old Men at the Zoo (1961) e As if by Magic (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo e teórico da arte. Foi bibliotecario e conservador das coleccións do cardeal Albani e, en 1763, foi designado presidente inspector das antigüidades de Roma. Teórico do neoclasicismo, escribiu Geschichte der Kunst des Altertums (Historia da arte da antigüidade, 1764).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito unitario de Inglaterra, Reino Unido (198 km2; 133.626 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Fixo investigacións sobre a análise de gases e desenvolveu novos métodos de análise gravimétrica e o método, chamado de contacto, para a produción de ácido sulfúrico (1878). En 1886 descubriu o xermanio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Naturalizado inglés, interesouse pola lóxica e os fundamentos da matemática. No Tractatus logico-philosophicus (1922) trata de dar unha saída aos problemas non resoltos polo positivismo clásico respecto ás matemáticas, á ciencia e á filosofía. A filosofía non é un saber, senón unha actividade, e a súa finalidade é aclarar as proposicións; así, a filosofía circunscríbese a unha análise da linguaxe. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >Escribiu Philosophische Unterschungen (Investigacións filosóficas, 1953) e Lectures and Conversations on Aesthetics, Psychology and Religious Belief (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do Transvaal, Suráfrica, formada por un outeiro rochoso de entre 1.500 e 1.800 m de altitude que separa a conca do Orange, que desemboca no Atlántico, da do Limpopo, que desemboca no Índico. Constitúe unha das rexións auríferas máis grandes do mundo, e tamén ten xacementos de uranio, platino e carbón.

    VER O DETALLE DO TERMO