Witwatersrand
Witwatersrand
Rexión do Transvaal, Suráfrica, formada por un outeiro rochoso de entre 1.500 e 1.800 m de altitude que separa a conca do Orange, que desemboca no Atlántico, da do Limpopo, que desemboca no Índico. Constitúe unha das rexións auríferas máis grandes do mundo, e tamén ten xacementos de uranio, platino e carbón.