"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • Provincia de Zimbabwe (32.230 km2; 1.034.353 h [1992]). A súa capital é Marondera (39.384 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar francés, duque de Rívoli e príncipe de Essling. Nomeado xeneral en 1793, a súa participación decidiu as batallas de Lodi e Rivoli. Derrotou os rusos en Zúric (1799) e defendeu Xénova (1800). Foi enviado a Portugal, loitou contra o duque de Wellington e como mariscal desde 1804, librou a indecisa Batalla de Fuentes de Oñoro (1811).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, gravador e debuxante francés. Cultivou o cubismo (1922) e introduciuse no surrealismo (1923-1929) con obras como Les quatre éléments (1923-1924). Pintou series sobre os mesmos temas, como Massacres (1931-1933) e en España (1934-1936) realizou Insectes e ilustrou Tauromachie de M. Leiris. Refuxiado en EE UU en 1941, exerceu unha grande influencia sobre a action painting. Influído pola abstracción e despois polo informalismo, pintou Cérémonies e como gravador ilustrou El cerco de Numancia de Cervantes (1937) e Woyzeck de G. Büchner (1963). Debuxou os decorados e o vestiario de Morts sans sépulture de J. P. Sartre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Zimbabwe (54.172 km2; 592.398 h [1992]). A capital é Gwanda (10.565 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Zimbabwe (75.025 km2; 641.186 h [1992]). A capital é Hwange (42.581 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - 1083?) Nobre, filla do conde Balduíno V. Casou con Guillerme I ; de Inglaterra o Conquistador e atribuíuselle a autoría do Tapiz de Bayeux.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Coñecido como Émile Herzog, as súas experiencias na Primeira Guerra Mundial reflectíronse en Les silences du colonel Bramble (1918). Cultivou un estilo elegante e convencional e publicou as obras Bernard Quesnay (1926), Climats (1928) e Le cercle de famille (1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador e escritor. Doutor en Historia pola Universidad de Madrid, foi alcalde de Mondoñedo e deputado provincial. Das súas obras destacan Breve guía histórico-artística de Mondoñedo (1975), Manoel Ledo Bermúdez, o pallarego (1991) e Historia de Mondoñedo: desde sus orígenes hasta 1833, en que dejó de ser capital de provincia (1994). Foi nomeado académico correspondente da Real Academia de la Historia e, en 2001, cronista oficial de Mondoñedo. Recibiu a Cruz da Orden Civil de Alfonso X el Sabio en 1960.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo. Doutor en medicina, investigou sobre a estrutura e a natureza coloidal do protoplasma, sobre os equilibrios físico-químicos nas células vivas, sobre a regulación térmica nos organismos e sobre os efectos fisiolóxicos dos gases de combate.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ostān de Irán (23.833 km2; 2.718.129 h [estim 2001]). A súa capital é Sārī.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Vinculada ao grupo Atlántica nos seus comezos, empregou unha estética neoexpresionista cun tratamento primario da cor e unha exaltación cromática para manifestar a brutalidade do ser humano animalizado. Indagou na condición bestial do home a través do retrato e evolucionou cara a composicións simbólicas cun atenuamento da cor. Nas súas obras destacan os motivos animais, sobre todo os cans, aínda que a partir da década de 1990 se interesou polas impresións dixitais. Da súa obra destacan Mans ávidas (1986) e O comedor de terra (1987-1988), e o libro Repertorio (no clasificado) de amores que dejan huella (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da rexión de Equateur, situada na República Democrática do Congo (169.841 h [estim 1994]). É un porto fluvial na confluencia dos ríos Congo e Ruki. Produce caucho, café, arroz, madeira e ten industria cervexeira e de artes gráficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Curva ou sinuosidade pronunciada producida por unha corrente fluvial. Vai asociado a unha marxe cóncava, onde se realizan os procesos de erosión, e unha convexa, onde se producen os procesos de sedimentación e onde a auga perde unha boa parte da capacidade erosiva e de transporte. A erosión fluvial pode romper un meandro por desbordamento, que pode estar causado por unha crecida importante, ou por unha escavación da súa base.

    2. Motivo decorativo arquitectónico formado por liñas sinuosas e complicadas, dispostas en bandas circulares ou en ángulo recto. Este ornamento atopouse xa na arte prehistórica, sobre todo na arte xeométrica grega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo francés. Determinou a posición de numerosos planetas e estrelas, e estudiou as eclipses de Sol. En 1787 comprobou, xunto con Cassini e Legendre, a diferenza de lonxitudes dos observatorios de París e Greenwich. Entre 1792 e 1798 mediu, con Delambre, o arco de meridiano comprendido entre Dunquerke e Barcelona para establecer a lonxitude do metro patrón. Tentou aumentar a precisión das medidas prolongando o meridiano ata as Illes Balears, pero morreu mentres realizaba esta tarefa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico ruso. Percorreu o país recollendo unha perspectiva lúcida e irónica da revolución socialista. Das súas obras destacan Scast’e (A felicidade, 1934), Čudesnica (A nena dos milagres, 1936) e Osvobozhdyonnaya zemlya (Terra liberada, 1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Folículo sebáceo localizado entre a cartilaxe tarsal e a conxuntiva palpebral. Produce unha secreción especial que, ao secar, constitúe as lagañas. OBS: Tamén se denomina glándula palpebral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é máis grande. OBS: Non se pode utilizar co significado de ‘máis idade’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo. Foi o autor dos dramas históricos Carskaja nevesta (A promesa do tsar, 1849) e Pskovitjanka (A moza de Pskov, 1860), que serviron de base ás óperas de Rimskij-Korsakov do mesmo nome.

    VER O DETALLE DO TERMO