meandro
meandro
(< lat Maeander < grΜαίανδρος, río de Asia Menor)
-
s
m
[XEOG]
Curva ou sinuosidade pronunciada producida por unha corrente fluvial. Vai asociado a unha marxe cóncava, onde se realizan os procesos de erosión, e unha convexa, onde se producen os procesos de sedimentación e onde a auga perde unha boa parte da capacidade erosiva e de transporte. A erosión fluvial pode romper un meandro por desbordamento, que pode estar causado por unha crecida importante, ou por unha escavación da súa base.
-
s
m
[ARQUIT]
Motivo decorativo arquitectónico formado por liñas sinuosas e complicadas, dispostas en bandas circulares ou en ángulo recto. Este ornamento atopouse xa na arte prehistórica, sobre todo na arte xeométrica grega.