Meana, ponte
Meana, ponte
Construción situada sobre o río Sar, entre Cruces (Padrón) e Seira (Rois). Data do s XVII e está construída en cantería, con dous vans con arco de medio punto e tallamar triangular. Ten o perfil algo alombado e a calzada de pedras. Sitúase nun antigo camiño cara a Santiago de Compostela.