"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
-
Acción e efecto de integrar ou integrarse.
-
Cálculo dunha integral. Para calcular integrais indefinidas son útiles o método de integración por substitución e o método de integración por partes. Segundo o primeiro, faise x=ϕ (t), e substitúe este valor á integral. O método de integración por partes baséase na relación ʃ u dv = dv - ʃ v du e redúcese a resolver esta integral. A regra de Barrow proporciona un método xeral para calcular integrais definidas a partir das correspondentes integrais indefinidas. Segundo esta regra, se F(x) é a integral indefinida de f(x), entón ʃ b a f(x) dx = F(b) - F(a). No cálculo de integrais múltiples utilízase o denominado método de integración reiterada, que consiste en integrar sucesivamente a función respecto a cada unha das variables, mantendo constantes as outras. No caso dunha función continua de variable complexa, emprégase o método dos residuos. Entre os outros métodos para calcular integrais definidas destacan...
-
Actividade realizada na aplicación do dereito que ten por obxecto cubrir as lagoas, defectos ou eivas na regulación, cando é precisa, dun suposto de feito concreto e determinado, mediante o recurso a elementos do mesmo sistema xurídico ou consuetudinario.
-
Disposición dos diversos compoñentes e dispositivos electrónicos nun circuíto integrado, de xeito que nun espazo moi reducido pode disporse un número moi elevado destes elementos. As diferentes técnicas de fabricación permitiron conseguir diferentes graos de integración, actualmente moi elevados. Distínguese entre integración a pequena escala (SSI), mediana (MSI), grande (LSI) e moi grande (VLSI).
-
-
Operacións de fusión e de absorción de empresas.
-
integración económica
Proceso polo que varios mercados se unen para crear un só, a través do incremento das súas relacións comerciais e do establecemento de medidas de política económica comúns. De menor a maior pódense distinguir distintos graos de integración: sistema de preferencias aduaneiras, zona de libre comercio, unión aduaneira, mercado común, unión económica e integración total.
-
-
-
Conxunto de relacións que dan a cada individuo a conciencia da súa identificación co grupo e da súa participación dentro do conxunto social cohesionado.
-
Proceso polo que unha sociedade asimila os elementos heteroxéneos: inmigrantes e marxinados.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de doutrinas ou de actitudes que propugnan calquera tipo de integración social.
-
-
Relativo ou pertencente ao integracionismo.
-
Partidario do integracionismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de entender.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de intelectualizar.
-
-
Propósito de facer algo ou conseguir un obxectivo.
-
ontade consciente de facer ou non algo que a lei, respectivamente, prohíbe ou obriga.
-
Reunión dos labios ou bordos dunha ferida. Hai curación de primeira intención cando a ferida se pecha antes de producirse o tecido de granulación e curación de segunda intención cando os labios da ferida permanecen separados e a ferida se enche dun tecido de granulación.
-
-
-
Que se fixo con intención.
-
Que se fixo con intención disimulada.
-
-
-
Relativo ou pertencente á intención.
-
intencionado.
-
Relativo ou pertencente á intencionalidade.
-
-
-
Calidade de intención.
-
Orientación dun obxecto, na filosofía fenomenolóxica, cara a un obxecto real ou unha idea.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de intensificar ou intensificarse.
-
-
Acción ou influencia mutua ou recíproca entre cousas ou persoas.
-
Influencia aerodinámica dun elemento dunha aeronave sobre os outros.
-
Acción recíproca que exercen dous sistemas físicos. Este concepto substitúe o de forza, moito máis impreciso. A física contemporánea propón que a natureza, a pesar da gran diversidade de fenómenos que nela ocorren, pode ser explicada, esencialmente, en termos duns constituíntes fundamentais (as partículas fundamentais, clasificadas en hadróns e leptóns) e dunhas interaccións fundamentais entre aqueles, que se transmiten mediante o intercambio dunhas partículas mediadoras entre as partículas interaccionantes: estas partículas mediadoras son descritas polo campo de galga que resulta da invariancia de galga da dinámica das partículas interaccionantes. As interaccións fundamentais son a gravitación ou interacción gravitacional, a interacción electromagnética, a interacción feble e a interacción forte. A interacción gravitacional, que foi a primeira coñecida, maniféstase pola atracción das masas e ten un alcance infinito. A gravitación transmítese...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exercer dous suxeitos unha acción mutua.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de intercalar ou intercalarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
interceptación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de interceptar.
-
-
Comunicación recíproca.
-
Comunicación telefónica entre os distintos lugares dun mesmo edificio.
-
-
-
Acción ou efecto de vedar ou prohibir.
-
Restrición da personalidade xurídica e conseguinte privación de dereitos por razón de incapacidade ou prodigalidade ou como consecuencia dunha pena imposta pola comisión dun delito. Esta figura foi suprimida dos códigos civil e penal españois.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reagrupación molecular, ao azar ou dirixida, dos diferentes ácidos graxos que, esterificados co glicerol, constitúen os triglicéridos; aplícase tamén á esterificación dos ácidos graxos con glicerol. As reaccións prodúcense por quentamento e en presenza de catalizadores. A posibilidade de producir triglicéridos dunhas características desexadas fai que esta técnica permita obter aceites e graxas alimenticios de calidade funcional superior a partir de produtos de inferior calidade. Co fin de evitar a fraude polo que respecta á calidade e á orixe, a interesterificación para a obtención de aceites e graxas comestibles está totalmente prohibida no Estado español.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intercalamento de niveis de natureza diferente nunha serie sedimentaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de interiorizar.