"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
-
Zona do teatro romano, destinada aos personaxes importantes, situada na parte inferior semicircular pero formando parte da cávea.
-
-
Lugar dun teatro situado á altura do patio de butacas, formado por palcos cunha serie de filas paralelas de cadeiras ou butacas para os espectadores.
-
Conxunto de espectadores que sentan na platea.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Grecia, situada na rexión de Beocia, nos confíns de Ática e ao pé do monte Citerón. Aliada con Atenas na Batalla de Maratón, posteriormente foi atacada polos peloponesos e destruída polos tebanos (427 a C). Filipo de Macedonia permitiu aos seus habitantes que repoboasen a cidade, pero nunca recobrou o esplendor perdido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfrontamento entre gregos e persas no transcurso da Segunda Guerra Médica (479 a C). Supuxo a vitoria grega e o abandono persa da Hélade.
-
REXIÓNS
Rexión da República do Congo (38.400 km2; 119.722 h [estim 1992]). A súa capital é Djambala.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de Nixeria (58.030 km2; 3.671.498 h [estim 1995]). A súa capital é Jos.
-
PERSOEIRO
Físico belga. Ideou un método estroboscópico para o estudo dos movementos vibratorios e inventou o fenaquistoscopio (1832). Estudou os fenómenos capilares das láminas delgadas e diversos fenómenos ópticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Estadista e cardeal. Coñecido como o cardeal Richelieu, estaba destinado á carreira militar pero abandonouna para ocupar o beneficio familiar do bispado de Luçon (1606). Deputado do clero nos Estados Xerais de 1614 e apoiado polo partido “devoto”, conseguiu a través de Concino Concini, home de confianza da raíña rexente María de Medici, ser nomeado secretario de Estado (1616). Proclamada a maioría de idade de Luís XIII, foi nomeado cardeal en 1622, e posteriormente xefe do Consello Real (1624). Durante o seu ministerio político sufocou as conspiracións da alta nobreza e enfrontouse aos hugonotes, que conseguiu eliminar de La Rochelle e Languedoc (1627-1629). Fomentou o absolutismo rexio fronte ao poder da aristocracia e cimentou o prestixio de Francia como potencia europea. Creou unha frota de guerra para enfrontarse a Inglaterra (Guerra de La Rochelle), controlar os portos da coroa francesa e protexer o gran comercio. A combinación dunha política antihugonotes no interior do estado,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acumulación ou derramamento de líquidos corporais na pleura
-
PERSOEIRO
Fisiólogo. Investigou os procesos físicos da circulación sanguínea. En 1840 formulou a lei que relaciona a velocidade media dun líquido no interior dun tubo capilar coa área de sección do tubo, a presión e a viscosidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Marquesa de Pompadour. Coñecida como madame Pompadour, era filla dun rico financeiro e casou moi nova cun arrendatario de impostos. Foi amante de Luís XV de Francia e anfitrioa do círculo íntimo do rei en Versailles. Interveu en política e protexeu as letras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro e topógrafo francés. Profesor do Conservatoire National des Arts et Métiers, inventou diversos instrumentos para traballos fotogramétricos de restitución de fotografías verticais.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Roda provista dun ollo no seu centro xeométrico que lle permite virar arredor dun eixe. Ten a superficie natural acanalada para que pase un cable ou unha corda que serve para cambiar a dirección ou o sentido dunha forza, que eventualmente se multiplica no efecto cando forma parte dun sistema, como por exemplo nun polispasto. A polea fixa, queda inmóbil respecto do movemento de translación do conxunto; a polea móbil adquire un movemento de translación simultáneo ao de rotación.
-
Roda de superficie lateral en forma de canle, soldada a unha barra, cuxo eixe é o xeométrico da barra, que permite transmitir un movemento a outra barra ou de recibilo mediante correas, eventualmente variando a velocidade como nalgúns axustes móbiles flexibles.
-
polea móbil
Polea que dispón de dúas rodas, unha fixa e outra móbil.
-
-
Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘sopa’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de poleas.
-
MONTES
Monte situado na parroquia do Barrio de Cascallá (Rubiá). O seu cumio acada os 800 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Menorrea ou menstruación anticipada, con aumento do número total de regras.
-
-
Que presenta varios núcleos.
-
Aplícase á célula que ten o núcleo polimorfo ou de formas diferentes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aumento da frecuencia e amplitude respiratoria.
-
-
Intervir ou participar activamente na vida política.
-
Falar continuamente de política, fóra de lugar ou con lixeireza.
-
-
GALICIA
Capelán e escritor. Coñecido como o padre Polo, foi autor dunha farsa en tres actos (El gran idiota, 1955) e do libro Galicia en sus hombres de hoy (1971), en que incluíu entrevistas realizadas a artistas, escritores e políticos da época.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mártir. Morreu martirizada en Lyon, xunto con outra compañeira de fe. A súa festividade celébrase o 2 de xuño.