"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • ES-TRAD;mso-fareast-language: FIFA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización de tendencia anarcosindicalista que integraba sociedades de ebanistas, carpinteiros, toneleiros e outros oficios afíns de diversos lugares de España, creada en Barcelona en 1898. Entre 1908 e 1909 a súa secretaría trasladouse á Coruña e tiña sociedades adheridas en Santiago e Vilagarcía. O seu voceiro, La Cuña, estaba dirixido por Manuel Alvedro, e contou coa colaboración do dirixente da Sociedad de Carpinteros herculina, Xoán Dopico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político. Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor axudante da cátedra de Cirurxía e, posteriormente, doutorouse na Universidad de Salamanca e ampliou estudios en Madrid, Barcelona, Viena, Londres, París e Lyon. Foi presidente da Sociedade de Cirurxía de Galicia e da Academia Médico-Quirúrxica de Santiago de Compostela. Fundou e dirixiu o Instituto Policlínico A Rosaleda e foi Xefe do Servicio de Cirurxía no ambulatorio Concepción Arenal de Santiago de Compostela. Foi un dos fundadores, nos anos setenta, do Partido Popular de Galicia, e formou parte do colectivo Realidade Galega. Candidato á presidencia da Xunta de Galicia por Alianza Popular nas primeiras eleccións autonómicas de 1981, ocupou o cargo ata 1987. Na lexislatura 1994-1999 foi elixido eurodeputado polo Partido Popular, ocupándose da presidencia da Comisión para a reunificación de Alemaña e da Comisión de Exteriores e da vicepresidencia da delegación de América do Sur....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Violinista e director de orquestra. Profesor do Royal College de Londres e director titular da Orquesta Sinfónica de Madrid, actuou por Europa e América. Da súa produción destaca Memorias (1863-1903) (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote e escritor ourensán. Foi autor dunha Historia civil y genealógica de Galicia (inédita) e, segundo M. Murguía, da falsificación, xunto co seu irmán, da Historia Gótica ou Cronicón do bispo Servando, publicada co nome do seu criado Juan de Evia y Bolaños. Traduciu as Xeórxicas de Virxilio (1686).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurisconsulto. Licenciado en Canons e Leis pola Universidad de Salamanca, foi bolseiro do colexio de Fonseca antes de obter a cátedra de Clementinas (1586). Elixido membro do Consello de Indias, participou na elaboración das Leis de Indias. Foi autor, segundo M. Murguía, xunto co seu irmán, da falsificación da Historia Gótica ou Cronicón do bispo Servando e da Curia Filípica, publicada co nome do seu criado Juan de Evia y Bolaños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e avogado. Licenciouse en Leis pola Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como avogado na Coruña. Foi deputado pola provincia da Coruña nas lexislaturas 1837-1839 e 1840-1841 e presidente da Comisión Provincial de Instrución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, conde de Chinchón e marqués de Bobadilla del Monte. Tesoureiro xeral do consello de Aragón, era vicerrei de Perú (1629-1639) cando prohibiu o comercio entre os vicerreinados de Perú e México, feito que acabou provocando unha grave crise económica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, marqués de Villena e duque de Escalona. Foi lugartenente de Catalunya (1693-1694) e vicerrei de Aragón (1694-1695), de Sicilia (1701-1702) e de Nápoles (1702-1707). De volta a Madrid, propúxolle a Filipe V a creación da Real Academia Española de la Lengua (1714), da que foi o primeiro presidente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Farmacéutico galego. Realizou estudios farmacéuticos en Madrid e pasou despois á Escuela Práctica de Química de Madrid. En 1804 foi nomeado, a proposta de L. Proust, profesor de química na Universidade de Santiago de Compostela e, posteriormente, acudiu a París para rematar a súa formación con Fourcroy, Vauquelin, Deyeux e Thenard. Cando regresou en 1811 a Santiago recuperou, tras unha negativa inicial, a docencia da disciplina de química. Pero en 1814, coa volta do absolutismo, a universidade aproveitou a conxuntura política para queixarse das presións recibidas para readmitilo e despediuno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fernando I das Dúas Sicilias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: Fernando II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fernando II das Dúas Sicilias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fernando III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de músicos e compositores italianos. Domenico Maria (Boloña 1513 - 1574) foi mestre de capela de San Petronio, da capela papal de Roma e autor de numerosos madrigais. O seu fillo Alfonso (Boloña 1543-1588), chamado Alfonso I, compuxo madrigais, cancións e obras para laúde, e o seu neto Alfonso (Londres 1575? - Greenwich 1628), coñecido como Alfonso II, foi laudista, cantante e violista. Traballou na corte inglesa e compuxo pezas para laúde e viola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Becerreá baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • transbordador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista francés. Estudioso do hebreo e do sirio, foi convidado por Arias Montano para participar na elaboración da Biblia políglota de Anveres. Das súas obras destacan Novum Testamentum syriace, cum versione latina (1560), Novum J. Chr. Testamentum, syriace litteris hebraicis, cum versione latinâ interlineari (1584), Encyclique des secrets de l’éternité (1571) e La Galliade, ou de la révolution des arts et sciences (1578).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático italiano. Coñecido tamén como Leonardo de Pisa, puxo fin á numeración romana e deu pleno desenvolvemento á utilización dos números árabes e hindús na súa obra Liber abbaci (1202). Estudiou a sucesión que logo recibiu o nome de sucesión de Fibonacci. Aplicou a álxebra aos problemas xeométricos e desenvolveu a trigonometría na súa obra De practica geometricae (1220) e realizou traballos sobre as ecuacións cuadráticas, recollidos en Liber quadratorum (1225).

    VER O DETALLE DO TERMO