Ferrabosco, Domenico Maria

Ferrabosco, Domenico Maria

Familia de músicos e compositores italianos. Domenico Maria (Boloña 1513 - 1574) foi mestre de capela de San Petronio, da capela papal de Roma e autor de numerosos madrigais. O seu fillo Alfonso (Boloña 1543-1588), chamado Alfonso I, compuxo madrigais, cancións e obras para laúde, e o seu neto Alfonso (Londres 1575? - Greenwich 1628), coñecido como Alfonso II, foi laudista, cantante e violista. Traballou na corte inglesa e compuxo pezas para laúde e viola.