"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Construción situada na Portela (Vilamartín de Valdeorras). Estruturada nunha planta rectangular cun corpo máis elevado nun vértice, o resto do edificio ten dous pisos. Conta cun patio interior cunha galería e ao arredor do patio central xira todo o edificio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Noceda (As Nogais). O seu cumio acada os 813 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Rio Grande do Sul, Brasil (1.320.069 h [2000]). Situada na beira esquerda do río Guaíba e ao NO da lagoa dos Patos, é un gran centro de inmigración, e o núcleo comercial do S do país. Posúe industrias químicas, téxtiles, do tabaco e do coiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico, situada entre as de Carballiño e Talos Redondos, na parroquia de San Mamede de Carnota (Carnota).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e político, marqués de Montesclaros e conde de Palma del Río. En 1669 foi ordenado cardeal polo Papa Clemente IX. Foi vicerrei de Sicilia (1677-1678) e ao volver ocupou a sé de Toledo e foi membro do Consello Real de Carlos II. Conseguiu que Xosé Fernando de Baviera fose nomeado sucesor da coroa e, cando este morreu, decantouse polos Borbón. Morto Carlos II (1700), ocupou a rexencia ata a chegada de Filipe V, que o nomeou lugartenente de Catalunya (1701). En 1703 pasou á corte, pero debido á súa ineficacia nos altos cargos financeiros foi confinado á súa arquidiocese (1705).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica radiolóxica que permite visualizar as comunicacións anormais entre o sistema venoso portal e a circulación sistémica, coñecidas como shunts portosistémicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao posgrao.

    2. Que ou quen continúa a estudar cursos de posgrao despois de se graduar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Curso superior que se estuda despois de obter o grao de licenciatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Academia fundada en 1968 por Francisco Javier Nóvoa Rodríguez en Ourense. Dirixida polo seu fundador, nos seus inicios dedicouse á preparación de oposicións para o ingreso en Correos, pero despois ofreceu unha formación interdisciplinar no acceso ao sector público, ás novas tecnoloxías e aos idiomas, entre outras materias. Con centros nas principais cidades galegas, estase a implantar no N de Portugal. Para a formación das empresas creouse Postal Escuela de Negocios. Colabora coas multinacionais Cisco Systems, Sun MicroSystems, IBM e Microsoft, entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar ruso. Participou na Primeira Guerra Ruso-turca (1768-1774). Foi o favorito de Catarina II de Rusia (1774-1776), sobre a que tivo unha grande influencia política. Impulsou a anexión do Khanato de Crimea ao Imperio Ruso (1783) e a fundación de Sebastopol (1784). Organizou a Segunda Guerra Ruso-turca (1789-1791), pero non tivo éxito e perdeu a influencia política sobre Catarina II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Coñecido como Ángel Pavlovsky, tivo unha formación autodidacta, con influencias dos coreógrafos Dore Hoyeer e Martin Eisler. En Bos Aires foi galardoado co premio da crítica por Ángel Pavlovsky con pelos y señales. Posteriormente, instalouse en Barcelona, onde creou o personaxe la Pavlovsky. Coa obra Orgullosamente humilde obtivo o Premio Especial de la Crítica (1996) e o premio FAD Sebastià Gasch (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Rubiós (Riós). O seu cumio acada os 830 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Camba (Laza). O seu cumio acada os 1.516 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Vilanova (Lalín) e O Sisto (Dozón). O seu cumio acada os 600 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Pradoalbar (Vilariño de Conso). O seu cumio acada os 1.341 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reunión dos delegados de Rusia, Prusia e Francia celebrada en Praga durante o Armisticio de Pleiswitz (xuño-agosto de 1813). Proposto por Austria, co consentimento de Napoleón I Bonaparte, as potencias aliadas contra Francia concertaron a disolución do Gran Ducado de Varsovia e da Confederación do Rin, o retorno de Prusia aos límites de 1806 e a restitución de Iliria a Austria. Napoleón I Bonaparte aceptou case todos os acordos, pero o congreso e o armisticio xa terminara e os aliados, xunto con Austria, continuaron a guerra contra Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio de fotografía concedido pola Deputación da Coruña, con carácter anual, desde 1997, na honra do fotógrafo Luís Ksado e pola súa contribución á fotografía galega. Foron galardoados con este premio Xosé Abad, Xulio Villarino, Peter Marlow, Vari Caramés ou Fernando F. Páez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gravado rupestre situado no lugar do Castro de Breixa, en Breixa (Silleda). Na rocha máis grande represéntanse dúas alabardas con mango, ambas as dúas con sinais dunha nervadura central. Tamén hai dous círculos concéntricos, que poderían corresponder á representación dun escudo, e varios puñais. Foi declarado BIC en 1975.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crecemento lateral dun estrato ou dunha formación sedimentaria que tende a encher unha área máis deprimida, xa sexa fluvial, lacustre ou mariña, mentres que o vertical é nulo ou case nulo. O exemplo máis patente é o dos deltas e os conos de dexección fluviais. OBS: Oponse á retrogradación.

    VER O DETALLE DO TERMO