Praga, Congreso de

Praga, Congreso de

Reunión dos delegados de Rusia, Prusia e Francia celebrada en Praga durante o Armisticio de Pleiswitz (xuño-agosto de 1813). Proposto por Austria, co consentimento de Napoleón I Bonaparte, as potencias aliadas contra Francia concertaron a disolución do Gran Ducado de Varsovia e da Confederación do Rin, o retorno de Prusia aos límites de 1806 e a restitución de Iliria a Austria. Napoleón I Bonaparte aceptou case todos os acordos, pero o congreso e o armisticio xa terminara e os aliados, xunto con Austria, continuaron a guerra contra Francia.

Palabras veciñas

praga | Praga | Praga, Círculo Lingüístico de | Praga, Congreso de | Praga, Emilio | Praga, Marco | Praga, Paz de