"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Mártir. Morreu decapitado xunto co seu irmán xemelgo san Pastor, durante a persecución de Diocleciano. Iconograficamente representouse acompañado do seu irmán, como dous mozos e cunha palma na man, símbolo do martirio. A súa festividade celébrase o 6 de agosto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Foi bispo de Lyon e asistiu aos concilios de Valence e Aquilea. Retirouse a Exipto, onde morreu. A súa festividade celébrase o 2 de setembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relixioso. Foi arcebispo de Canterbury e primeiro bispo de Rochester (604). A súa festividade celébrase o 10 de novembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla naval librada entre as escuadras británica e alemá os días 31 de maio e 1 de xuño de 1916, en augas situadas no oeste do paso de Skagerrak. Foi o combate naval máis importante da Primeira Guerra Mundial. A escuadra alemá tivo que volver aos seus portos, onde permaneceu bloqueada ata o final da guerra.
-
CIDADES
Cidade do sheng de Jiangsu (China), na rexión do Leste (805.695 h [1990]). Situada ao S do lago Weishan, no medio dunha rexión de montes, ten minas de ferro de Liugonyi ao N e minas de carbón que fixeron dela un centro industrial. Lugar estratéxico, foi escenario de numerosas batallas, entre as que destacan a de 1938, durante a Guerra Chino-xaponesa, e a de 1949, que foi decisiva entre comunistas e nacionalistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e político. Considerado un dos novelistas máis notables da literatura turca contemporánea, escribiu Hüküm gecesi (A noite do xuízo, 1927) e Yaban (O estranxeiro, 1932).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Física nuclear. Desenvolveu, en colaboración con Salomon A. Berson, a técnica do radioinmunoensaio (1959). Realizou importantes investigacións sobre a insulina plasmática e a diabete. En 1977 recibiu, xunto con R. Guillemin e A. V. Schally, o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos yámanas ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo yámana.
-
Pobo amerindio de Tierra del Fuego. Nómades e cazadores, a familia monógama era a base social da súa organización política.
-
Lingua illada que fala o pobo yámana.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ken da illa de Honshū, Xapón (4.463 km2; 888.172 h [2000]). A capital é Kofu.
-
CIDADES
Cidade do estado de Haryāna, India, situada entre Ambālā e Sahāranpur, á beira do río Yamuna (144.250 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade monetaria principal da República Popular de China, dividida en 10 jiao e 100 fen. A reforma monetaria de 1955 introduciu o novo yan min biao, equivalente a 10.000 dos vellos e cun cambio fixo en 2,46 yan min biao novos por dólar EE UU.
-
CIDADES
Cidade do sheng de Jiangsu, China, situada a 40 km da costa (296.831 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso cisterciense. Foi un dos monxes que en 1966 reiniciaron a vida monástica en Oseira, onde é bibliotecario e arquiveiro. Colaborou en diversas publicacións e escribiu El monasterio de Oya y sus abades (1974), El monasterio de Osera (1980), El monasterio cisterciense y la villa de Santa María de Meira: síntese histórico-artística (1993) e Ferreira de Pantón: monasterio cisterciense en la Ribeira Sacra (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Familia orixinaria de Monforte de Lemos activa politicamente no s XIX. Ignacio Timoteo Yáñez Rivadeneira (Monforte de Lemos 1810-?) foi alcalde constitucional de Monforte de Lemos, vicepresidente do Consello Provincial de Lugo (1845), gobernador de Santander (1847) e de Ourense (1850) e deputado no Congreso (1840-1871). Os seus irmáns Manuel María Yáñez Rivadeneira (Monforte de Lemos 1812-?) e Matías Clemente Yáñez Rivadeneira (Monforte de Lemos 1814-?) foron deputados no Congreso.
-
PERSOEIRO
Líder militar chinés. Foi gobernador da provincia de Guizhou e en 1959 foi nomeado comandante da rexión militar de Pequín. En 1967, durante a RevoluciónCultural, foi destituído dos seus cargos, pero en 1973 comandou a rexión militar de Xinjiang.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Elemento luminoso, masculino e activo do pensamento chinés que se complementa co yin.
-
PERSOEIRO
Físico chinés, naturalizado estadounidense. Realizou investigacións en física teórica, partículas elementais e interaccións, algunhas en colaboración de Tsung- Dao Lee. En 1957 recibiu, xunto Tsung Dao Lee, o Premio Nobel de Física, pola demostración de que a lei da conservación da pariedade non é valida nas interaccións débiles.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da República Democrática Popular de Corea (14.317 km2; 628.000 h [estim 1987]). A capital é Hyesan.
-
CAPITAIS
Capital de Myanmar e do estado homónimo (2.513.023 h [1983]). Situada ao O do golfo de Martaban, é un centro comercial e industrial.
VER O DETALLE DO TERMO