"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sheng de China, na rexión Suroeste (394.000 km2; 42.880.000 h [2000]). A capital é Kunming. É unha rexión moi montañosa, sobre todo no O. Os altos altiplanos calcarios estiveron profundamente escavados polos vales do Iang-Tsé, o Mekong e o Salwen. O clima é temperado, con forte influencia monzónica. Cultívase té, arroz (dobre colleita anual) e cana de azucre. Ten os depósitos de estaño máis grandes do país, ademais de ferro, cobre, chumbo e cinc e reservas de carbón e sal.
-
PERSOEIRO
Poeta, cantante e folclorista. De nome Héctor Roberto Chavero, está considerado un vangardista da difusión do canto popular arxentino. Destacan as súas composicións “Camino del indio” (1926) e “Adiós Tucumán” (1946). Escribiu Piedra sola (1940), Guitarra (1960) e El payador perseguido (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTAÑA
Montaña do centro-sur de Taiwán. O seu cumio acada os 3.950 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Granada da dinastía nasarita (1332-1354). Conseguiu o poder tras o asasinato do seu irmán Mu Palatino; Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ ammad IV. Enfrontado con Afonso XI, derrotou a escuadra castelá en Tarifa (1340), pero foi vencido en El Salado (1340).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Derradeiro emir de Al-Andalus (747-759). Conseguiu o poder co apoio de Palatino; Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >Ṣ umayl al-Kilabī, xefe dos sirios chegados a Al-Andalus coas mesnadas de Bal Palatino;Palatino; Palatino;ǧ . Tentou frear as aspiracións de ‘Abd al-Ra Palatino;Palatino; Palatino;ḥ mān I de instalarse en Al- Andalus. Foi derrotado por este na ribeira do Guadalquivir (756), preto de Córdoba e tivo que refuxiarse en Mérida. Enfrontáronse de novo e foi derrotado e executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Granada da dinastía nasarita (1390-1391), fillo e sucesor de Mu Palatino;Palatino; Palatino;ḥ ammad VI. O seu reinado caracterizouse polas tensións internas entre a familia real.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Granada da dinastía nasarita (1407-1017), irmán e sucesor de Mu Palatino; Palatino;ḥ ammad VII. Durante o seu reinado o infante Fernando de Castela conquistou Antequera, e os benimeríns ocuparon temporalmente Xibraltar.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Holanda Setentrional, Países Baixos (135.762 h [2000]). Situada ao NO de Amsterdam, na ribeira do Zaan, ten industria alimentaria, metalúrxica e química.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Escribiu varias comedias e obras costumistas, das que destacan Día de fiesta por la montaña (1654) e Día de fiesta por la tarde (1659).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arpista. Discípulo de Marcel Tournier en París, a súa técnica e musicalidade déronlle fama internacional. Ensinou na Accademia Musicale Chigiana de Siena (1958-1962). Editou música orixinal para arpa de Cabezón, Beethoven e Ribayaz.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sacerdote do templo de Xerusalén. Casou con santa Isabel e foi pai de san Xoán Bautista. Quedou mudo ao non crer o anuncio do arcanxo Gabriel de que ían ter un fillo. Morreu por orde de Herodes ao saber este que o seu fillo fuxira da matanza. Represéntase vestido como os sacerdotes xudeus e porta, como atributos, un pequeno botafumeiro, cera e punzón cos que escribiu o nome do fillo. A súa festividade celébrase o 5 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (741-752). Sucesor de Gregorio III, procurou a independencia do ducado romano con relación a Bizancio e aos longobardos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico italiano. En 1530, xunto con Morigia e Ferrari, fundou a congregación dos clérigos regulares de San Paulo, chamados barnabitas. Canonizado en 1897, a súa festividade celébrase o 5 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
labazada.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo. Retratista de paisaxes e tipos, compaxinou o labor fotográfico cunha intensa actividade política e chegou a ser presidente da Unión Republicana. As súas fotografías ilustraron o primeiro libro de fotografías editado en Galicia, Recuerdo de Pontevedra (1883). Membro da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, recibiu o Premio de Honra no Certame de Artes e Oficios de Pontevedra (1887 e 1895).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Wilāya de Tunisia (2.768 km2; 161.600 h [estim 2004]). A capital é Zaghouan (10.149 h [1984]).
-
CIDADES
Cidade do ostān de Sistān e Balūchitān, Irán, situada a 30 km da fronteira con Pakistán (419.518 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político chinés. En 1932 afiliouse á Nova Liga Comunista e en 1938 ao Partido Comunista Chinés (PCCh). En 1974 foi nomeado primeiro secretario do partido e ocupou a presidencia do comité revolucionario (1975-1980). Partidario de Deng Xiaobing, en 1980 sucedeu a Hua Guofeng como primeiro ministro e en 1987 a Hu Yaobang como secretario xeral do PCCh. Foi un dos motores das reformas internas e da abertura do país cara aos estados occidentais. En 1989 foi destituído dos seus cargos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Xefe do goberno (1897-1899 e 1901-1902), alto comisario de Creta (1906-1911) e novamente xefe do goberno durante a Primeira Guerra Mundial, non conseguiu unir todos os partidos e poñelos ao lado da Entente. Presidiu un goberno de unión nacional (1926-1928) e foi presidente da república (1929-1935), pero dimitiu ante a decisión de restaurar a monarquía.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ou quen vai mal vestido ou sucio. SIN: baldreo, baldroeiro, baldrogas, pastrán.
-
Que ou quen é lento ou torpe. SIN: zampallón.
-