Zaho Ziyang
Zaho Ziyang
Político chinés. En 1932 afiliouse á Nova Liga Comunista e en 1938 ao Partido Comunista Chinés (PCCh). En 1974 foi nomeado primeiro secretario do partido e ocupou a presidencia do comité revolucionario (1975-1980). Partidario de Deng Xiaobing, en 1980 sucedeu a Hua Guofeng como primeiro ministro e en 1987 a Hu Yaobang como secretario xeral do PCCh. Foi un dos motores das reformas internas e da abertura do país cara aos estados occidentais. En 1989 foi destituído dos seus cargos.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Huaxian, Henan -
Deceso
Lugar : Pequín