"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
PERSOEIRO
Almirante grego. Comandou a frota grega no momento da loita pola independencia e derrotou os turcos en 1824, preto da antiga Mileto e en Navarino, ao ano seguinte. Acabada a guerra, derrotou a frota do ditador rusófilo Kapodistrias.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Industrial. Xunto co seu irmán Édouard Michelin (1859-1940), inventou e construíu os primeiros pneumáticos desmontables para bicicletas e automóbiles. Patrocinou a publicación das guías turísticas e mapas de estradas que levan o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria británica fundada en 1836. Seguiu un continuo proceso de concentración que a converteu no primeiro banco privado de Reino Unido, no período anterior á Primeira Guerra Mundial. Tomou o nome en 1923.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Zimbabwe (49.166 km2; 1.307.769 h [1992]). A capital é Gweru (124.735 h [1992]).
-
REXIÓNS
Rexión de Reino Unido, no centro de Inglaterra, situada ao S dos contrafortes meridionais da cadea Penina, entre Gales e a costa oriental. É unha ampla planicie ondulada, regada polo río Trent e o alto Severn e que constitúe unha zona de transición entre o macizo antigo da cadea Penina e a conca de sedimentación do Támesis. Ten unha grande importancia económica, cunha tradicional riqueza agrícola e explotación de minas de carbón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor. Dominicano e doutor en Teoloxía, secularizouse en 1802 e foi un independentista mexicano. Foi autor de Cartas de un americano al español (1811-1812) e Historia de la revolución de Nueva España (1813).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Patriarca xacobita de Antioquía. Escribiu unha Crónica, que chegou ata os anos 1194-1195.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Estudou latín e humanidades no convento franciscano de Herbón e realizou a carreira eclesiástica no seminario de Santiago de Compostela. Colaborador das publicacións Galicia e Suevia, das súas obras cómpre salientar Presbítero. Poesías (1905), Pío X (1906), 12 de Octubre. Evocaciones. Canto secular (1910), Pro Aris et focis (1912), Hermosa y fuerte (1912) e Vox Clamantis (1915).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Coñecido como Andrej Končalovskij e irmán de Nikita Mikhalkov-Končalovskij, converteuse nun dos máximos expoñentes do denominado “novo cine soviético”, reflexivo e crítico. Das súas películas destacan D’ad’a Van’a (Tío Vania, 1969), Sibiriada (1979), Runaway Train (1985), Tango & Cash (1989), The Inner Circle (1991) e Dom Durakov (A casa dos parvos, 2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Froito en balaustia da milgrandeira, esférico e algo deprimido, coa cuberta dura e grosa, de cor vermella ou amarelada que está constituído por numerosas sementes zumarentas, separadas por tabiques membranosos. É comestible e presenta un sabor agridoce.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Árbore ou arbusto caducifolio, de entre 2-6 m de altura, de cor parda agrisada que presenta a codia escamosa e as ramas espiñentas. As follas son simples, opostas, oblongas ou oval-lanceoladas, algo coriáceas e de cor verde e as flores son de gran tamaño e de cor vermella ou branca con forma de campá, solitarias ou reunidas en grupos. Florece entre maio e xullo e o froito, a milgranda, madura entre setembro ou outubro. É orixinaria da zona que vai desde os Balcáns ata o Himalaia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
milgrandeira.
-
PERSOEIRO
Político. Socialista independente, foi ministro de Industria e Comercio e despois de Traballo e de Guerra. Pasou á dereita e foi un dos fundadores do Bloc National. Converteuse en presidente da República (1920-1924) e dimitiu pola oposición radical-socialista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico estadounidense. Foi profesor de física na University of Chicago e director do laboratorio Norman Bridge (1921-1926). Despois de estudar os fenómenos da descarga eléctrica en gases, verificou a ecuación fotoeléctrica de Einstein e avaliou a constante de Planck. Traballou en diversas ramas da física, como as radiacións ultravioletas e a estrutura atómica, e estudou os raios cósmicos (1918). Conseguiu calcular a carga elemental do electrón, mediante o denominado experimento de Millikan. Recibiu o Premio Nobel de Física (1923) .
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Celanova baixo a advocación de santa Eufemia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Celanova. Edificada sobre unha cidadela romana, no s X pertencía ao mosteiro de Celanova e no s XII reconstruíuno a Coroa. Destruído e reconstruído polos irmandiños, no s XVIII comezou a súa decadencia e construíuse a igrexa de Santa María de Milmanda, que ten como campanario unha das torres do castelo.
-
PERSOEIRO
Escritor e humorista. En 1906 entrou na redacción da revista Punch, onde publicou unha tira cómica. A súa obra narrativa destaca polo conxunto de contos infantís sobre os animais, sobre todo as historias de Christopher Robin e o seu oso de xoguete, Winnie-the Pooh. Publicou os libros Winnie-the-Pooh (1926) e The House at Pooh Corner (1928), e como poeta Now We are Six (1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés. Escribiu novelas realistas e humorísticas, poesía e traducións de obras españolas. Das súas obras destacan Écrit sur l’eau (1908, Premio Goncourt), L’aventure de Thérèse Beauchamp (1914) e L’ouef de Colomb (1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no límite das parroquias de Santalla (Samos) e Seceda (Folgoso do Courel). O seu cumio acada os 900 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa da ría de Ares, situada en fronte da punta que leva o seu nome, na parroquia e concello de Ares.
VER O DETALLE DO TERMO