milgrandeira

milgrandeira

(< milgranda)

Nome científico: [Punica granatum, Fam daspunicáceas]
s f [PLANTA]

Árbore ou arbusto caducifolio, de entre 2-6 m de altura, de cor parda agrisada que presenta a codia escamosa e as ramas espiñentas. As follas son simples, opostas, oblongas ou oval-lanceoladas, algo coriáceas e de cor verde e as flores son de gran tamaño e de cor vermella ou branca con forma de campá, solitarias ou reunidas en grupos. Florece entre maio e xullo e o froito, a milgranda, madura entre setembro ou outubro. É orixinaria da zona que vai desde os Balcáns ata o Himalaia.

Sinónimos

Palabras veciñas

1 milfollas | 2 milfollas | milgranda | milgrandeira | Milhaud, Darius | milhomes | mili-