"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • Sucesión de números enteiros positivos, (un)n?0, dada pola lei de recorrencia un=un-1+un-2, onde n?2. As diferentes sucesións resultan dunha elección concreta dos dous primeiros termos u0 e u1. Denomínase normalmente sucesión de Fibonacci a aquela que fai u0=u1=1, que ten por termo xeral un=[(1+?5)n+1-(1+?5)n+1]?2n+1?5, e por primeiros termos 1, 1, 2, 3, 5, 8, 13, 21, 34, 55,..., chamados números de Fibonacci. Esta sucesión é un modelo matemático representativo de moitas situacións distintas e fenómenos do mundo real, e está relacionada con outros conceptos como o número áureo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Borgoña (1349-1361) e conde de Artois (1345-1361). Coñecido como Filipe de Rouvres, gobernou baixo a tutela da súa nai e do segundo marido desta, que lle deixou á súa morte (1360) os condados de Boulogne e Auvernia. Morreu sen herdeiros polo que os seus territorios foron distribuídos entre Filipe II o Atrevido, que recibiu Borgoña; Margarida de Flandres, que recibiu Artois; e Xoán de Boulogne, que recibiu os condados de Boulogne e Auvernia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Borgoña (1363-1404) e conde de Artois, Borgoña, Flandres, Nevers, Rethel (1384-1404) e de Charolais (1390-1404). Feito prisioneiro na Batalla de Poitiers (1356), foi trasladado a Inglaterra, onde permaneceu ata 1360. Casado con Margarida de Flandres (1369), herdou do seu sogro o Franco Condado e Artois e, trala morte do seu irmán, Carlos V de Francia (1380), sucedeuno como rexente do futuro Carlos VI. Enfrontouse ao seu sobriño Luís de Orleans polo ducado de Luxemburgo (1402).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Borgoña (1419-1467) e conde de Flandres. Polo Tratado de Troyes (1420) recoñeceu a Enrique V de Inglaterra como rexente e herdeiro do trono francés, pero despois do Tratado de Arras (1435) recoñeceu a Carlos VII como rei de Francia. Casou primeiro con Micaela de Francia (1409), que lle achegou como dote as cidades de Somme e Boulonnais e gran parte da Picardia, e despois con Bona de Artois (1424) e con Isabel de Portugal (1430). Durante o seu goberno aumentou as súas posesións territoriais e asumiu a administración dos Países Baixos. A prosperidade económica permitiulle favorecer as artes e as letras. Foi o fundador da Orde do Vélaro de Ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada sobre o río Tea, en Salvaterra de Miño. Trátase dunha ponte de orixe medieval, con catro vans, alombada e con arcos apuntados. Pertenceu ao antigo camiño de Tui a Ponteareas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política. En 1972 foi nomeada directora da Cidade Teatro de Reykjavik, cargo desde o que potenciou a literatura islandesa. Foi presidenta de Islandia (1980-1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo do litoral atlántico, situado na parroquia e concello de Fisterra, que se considerou na Antigüidade o punto máis occidental do mundo (Finis Terrae). Constituído por rocha granítica, é o vértice dun tómbolo unido ao continente por depósitos pleistocénicos. A súa condición atribuída de Occidente (onde fina o sol) do mundo antigo, levouno a converterse nun lugar moi significado nas rutas esotéricas. No apoxeo das peregrinacións xacobeas, os peregrinos, despois de visitar o sepulcro de Santiago, prolongaban a súa viaxe ata Fisterra para completar un percorrido telúrico-relixioso de raíces pagás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inxección intravenosa dun líquido, como por exemplo soro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Descrición das veas.

    2. isualización radiolóxica das veas dunha zona mediante a inxección dunha substancia radiopaca.

    3. Rexistro gráfico do pulso venoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coágulo de fibrina incrustado de sales calcarios, que se atopa ás veces no interior das veas, sobre todo nas varicosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso patolóxico que afecta ás veas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incisión realizada nunha vea, especialmente para practicar unha sangría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento para practicar flebotomías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación dun coágulo intravenoso, nin inflamatorio nin infeccioso, con escasa ou nula lesión da parede do vaso. O coágulo que se forma está unido debilmente á parede da vea, polo que provoca facilmente émbolos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Satélite de Marte que xira a unha distancia da superficie do planeta de 9.380 km, cun movemento retrógrado. Foi descuberto por Asaph Hall o 17 de agosto de 1877. A súa órbita ten unha excentricidade de 0,021 (case circular) e está situada no plano do ecuador do planeta. Ten a forma aproximada dun elipsoide e un período orbital de 7,7 horas, moito máis pequeno ca o de Marte. As fotografías tomadas polos vehículos Mariner e Viking amósano como unha gran rocha irregular coa superficie chea de cráteres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín de pequeno formato editado en Bos Aires. Incluíu na súa primeira páxina e amodo de presentación a letra do Himno Galego. En páxinas interiores inseriu a partitura completa coa música de Pascual Veiga. Na última delas informa sobre o nacemento do Grupo Galeguista, a súa relación co Partido Galeguista e os principios deste último. No ano 1944 en México e co mesmo esquema editáronse as Follas do Partido Galeguista, na que tamén se dá conta dos principios que rexen esta formación política.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Pertencente ao grupo poético Viernes, a súa poesía está impregnada de crioulismo. Publicou Virajes (1931) e Las torres desprevenidas (1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á expresión, xeralmente unha palabra, que ten un aspecto fónico que induce á formulación de imaxes non relacionadas co seu significado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bimestral aparecida en Coristanco probablemente a principios de 1988. Subtitulouse “Boletín informativo de la asociación escuela familia agraria”. Nas súas seccións incluíu información sobre cursos agrarios e bolsas da Consellería de Agricultura, artigos sobre cooperativismo, concentración parcelaria e formación de agricultores, e ademais de novas de interese agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO