"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
PERSOEIRO
Escritora inglesa. Comezou de moi nova a se interesar polos animais que, humanizados, protagonizaron máis tarde as súas narracións para rapaces. Das súas obras, en que mestura humor e fantasía nunha prosa sinxela, destacan The Tale of Peter Rabbit (1900) e The Tailor of Gloucester (1903).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Casa pequena de aldea de aspecto pobre.
-
PERSOEIRO
Pianista de jazz. Coñecido como Bud Powell, participou nos inicios do be-bop. Na década de 1950 trasladouse a Europa. No seu estilo baseáronse numerosos pianistas de jazz.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Membro da cabalaría, loitou en Marrocos e ascendeu a xeneral en 1926. En xullo de 1936 era director xeral da Garda Civil, pero mantívose fiel á Segunda República e foi comandante en xefe do exército do centro (1936-1937). A raíz da crise de maio de 1937 designárono xefe do exército do leste. Foi destituído tras o fracaso final ante as forzas franquistas en marzo de 1938.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado entre as parroquias de Liñares e O Cebreiro, no concello de Pedrafita do Cebreiro. O seu cumio acada os 1.402 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e tratadista italiano. Membro da Compañía de Xesús, decorou moitos templos da orde. Cun gran sentido escenográfico, utilizou a perspectiva para conseguir efectos plásticos. Traballou en Viena ao servizo do príncipe de Liechtenstein. Influíu no estilo decorativista da pintura mural barroca alemá e austríaca do s XVIII. Destaca o Altare di Sant’Ignazio para a igrexa do Gesù de Roma. Escribiu Prospettiva de’ pittori ed architetti (1693-1698).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor e pintor suízo. Coñecido como James Pradier, instalouse en Francia e realizou algunhas obras pequenas (Les trois Grâces) pero decantouse pola escultura monumental, da que destacan as Douze Vitoires da sepultura de Napoleón I Bonaparte, a decoración do tímpano do Arc de Triomphe de l’Étoile e as estatuas de Strasbourg e Lille da Place de la Concorde, en París.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Botar ou pedir pragas contra algo ou alguén.
-
PRAIAS
Praia do litoral atlántico situada entre as puntas Dornelo e Queimada, na parroquia de Niñóns (Ponteceso).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
de pratear.
-
Que está bañado en prata.
-
Que ten as características estéticas da prata.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Operación de cubrir algo cunha capa de prata. Pode realizarse por aplicación dunha lámina de prata, por metalización ao baleiro, por deposición de metal reducido quimicamente (sen corrente eléctrica) ou por electrodeposición. No primeiro destes métodos o obxecto, unha vez que se lle colocou unha lámina moi fina de prata, quéntase co fin de formar unha aliaxe que asegure a adherencia. A metalización ao baleiro emprégase principalmente para obxectos non metálicos. A prateadura de metais por redución química realízase, ben por inmersión do metal máis electropositivo que a prata (especialmente cobre ou latón) nunha solución de sal de prata, ou ben fretándoo cunha pasta a base de sales de prata. A prateadura química, a partir de sales de prata e redutores, adoita servir de base condutora para a electrodeposición sobre superficies non condutoras (vidro ou plástico). O método máis importante é a electrodeposición, que se aplica especialmente sobre cobre e aliaxes. Os baños son a base de dicianoarxentato...
-
-
Revestir ou cubrir algo con prata.
-
Dar a algo aparencia de prata.
-
-
-
Corpo morto en estado de descomposición.
-
2 botín.
-
Persoa deshonesta, preguiceira ou mesquiña que non é digna de respecto.
-
Persoa que obra sen interese nin habilidade.
-
prostituta.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Operación en que se modifica deliberadamente a curva de resposta dun sistema de rexistro de son ou de transmisión radiofónica en FM, co fin de conseguir certas vantaxes, como a redución de ruídos, mellor repartición da enerxía e redución da distorsión dos agudos.
-
-
Fartura que pasan os animais que comen prea.
-
Enchente de comida.
-
Cousa que causa desagrado ou noxo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina de orixe calvinista segundo a cal o home existía antes de Adán, polo que non o considera o primeiro home.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das persoas que viviron na Terra antes que Adán, a existencia dos cales ofrece dificultades dogmáticas para unha interpretación ríxida da Xénese, que o considera o primeiro home.
-
-
Relativo ou pertencente aos preadamitas ou ao preadamismo.
-
Defensor ou seguidor do preadamismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Predisposición que fai que, mediante unha mutación previa dun carácter morfolóxico ou fisiolóxico, un organismo poida subsistir e prosperar nun medio diferente do que é orixinario ou no que se orixinou.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que precede á agonía ou morte.