"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Aplícase ás cubertas decoradas con casetóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Establecemento, situado nun edificio contiguo ao Gran Hotel de La Toja, cunha ambientación interior de estilo propio dos inicios do século XX. É o salón de xogo máis representativo de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos vexetais que viven nas rochas.

    2. Vexetal que vive nas fendas das rochas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten moita casca, especialmente aplicado ás árbores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico literario e investigador. É autor dunha extensa obra sobre diversos aspectos da historia literaria e teatral. Da súa produción destacan as obras Teoría del teatro (1961) e Teorías sobre el texto dramático (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada en 1945 en Madrid por Amparo Soler Gimeno. Dirixida por Federico Ibáñez Soler, está especializada en literatura clásica española. As súas coleccións máis destacadas son: Clásicos Castalia, dirixida por Alonso Zamora Vicente e con máis de 250 títulos publicados, Castalia Didáctica, Odres Nuevos, Castalia Prima, Literatura y Sociedad, Nueva Biblioteca de Erudición y Crítica, Castalia Instrumenta, Historia y Textos e Antología comentada de la Literatura Española, dirixida por Andrés Amorós. A súa Biblioteca de Escritoras, con máis de cincuenta títulos editados, conta cun consello editor formado por Marina Mayoral, Amparo Soler e Elena Catena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudiou na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela. Realizou exposicións individuais e participou en mostras colectivas entre as que destaca a Mostra de Pintura Galaico-Norportuguesa “Eixo Atlántico” (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Dirixente deportivo. Licenciado en Dereito, desempeñou diversos cargos no ámbito deportivo: Secretario General de Deportes, Director General de Deportes e Presidente do Comité Olímpico Español. Entre outras distincións recibiu a Medalla al Mérito Deportivo do Consejo Superior de Deportes, a Orde do Mérito Olímpico, outorgada polo Comité Olímpico Internacional, e o Premio Piet Tays do Consello de Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Inscrito no movemento do neorrealismo, é autor, entre outras, das películas Un colpo di pistola (Un golpe de pistola, 1941), Sotto il sole di Roma (Baixo o sol de Roma, 1949), Nella città l’inferno (Na cidade o inferno, 1958), Tre notti d’amore (Tres noites de amor, 1964) e Una breve stagione (Unha breve estación, 1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político brasileiro, do estado de Ceará. Foi mariscal e xefe do Estado Maior. Despois do golpe militar que derrocou a João Goulart en marzo de 1964, foi elixido presidente da República, cargo que ocupou ata que en 1967 foi substituído por Costa e Silva. Durante o seu mandato levou a cabo unha forte represión contra a oposición e aprobou unha nova Constitución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Tordoia. baixo a advocación de Santa maría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Colaborador na prensa da época, dirixiu a Revista Universal Lisbonense e foi redactor de O Agricultor Micaelense. Introduciu o romanticismo no seu país, aínda que a súa obra presenta tamén trazos neoclásicos. Contra este anacronismo reaccionaron os poetas novos de Coimbra e promoveron unha polémica, a Questão Coimbrã, que contribuíu á afirmación do romanticismo proudhoniano e inconformista. Da súa produción destacan as obras: Amor e melancolia (1828), Quadros históricos de Portugal (1839), Escavações poéticas (1844), Crónica certa e muito verdadeira da Maria da Fonte (1846) e Outono (1863).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Gobernador xeral de Moçambique (1885-1889), capitaneou unha división naval en Rio de Janeiro durante a sublevación contra o mariscal Peixoto. Foi nomeado ministro da Mariña e de Ultramar, e, coa chegada da República, abandonou o cargo. Entre as súas publicacións destacan: O Zambeze (1880) e O Transvaal e o dominio inglés (1881).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Estivo ao servizo do arquiduque Fernando e foi durante algúns anos monxe cisterciense. A súa obra, recollida en Obras de amores, de conversación, morales y de devoción (1573), reflicte unha actitude aberta ás ideas do Renacemento, aínda que en poesía se decanta polo verso de tradición trobadoresca e popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formado en Sevilla, foi o representante máis importante da escola barroca cordobesa. Recibiu a influencia de Zurbarán e Ribera, e das escolas napolitana e flamenga. Entre as súas obras destacan San Francisco, realizada para o convento das franciscanas da Coruña, El Calvario (1649) e Adoración de los pastores (1651). Ademais, pintou retratos e paisaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico neurólogo. Profesor titular de Patoloxía e Clínica Médicas da Universidade de Santiago de Compostela, fundou a Sociedade Galega de Neuroloxía. Académico correspondente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo, historiador e crítico da arte. Discípulo de Pere Bosch i Gimpera, foi catedrático de Historia da Universitat Autònoma de Barcelona, na que ocupou o cargo de secretario entre 1933 e 1939, e catedrático de Historia Universal na Universitat de Barcelona en 1942. Fundou e dirixiu o Museo de Tossa en 1935 e foi conservador do Museu Arqueològic de Barcelona entre 1931 e 1950. Na súa obra La cultura del vaso campaniforme: su origen y su extensión en Europa (1928), analiza o fenómeno campaniforme dende unha óptica europea. Outras obras súas son Cronología del vaso campaniforme en la Península Ibérica (1943) e José María Sert (1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Romaría que se celebra o 27 de agosto na igrexa parroquial de San Vicente de Castillón, no concello de Pantón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador da arte. Licenciado en Arte (1987), doutorouse en 1993 coa tese La iconografía de los meses en el arte medieval hispano, siglos XI-XIV e ampliou estudios en Italia e nos EE UU. Profesor titular de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela e codirector no proxecto de investigación Corpus de Iconografía Medieval Galega desde 1997. Colaborou, entre outras publicacións, en Brigantium e Compostellanum; ademais foi asesor internacional da Enciclopedia dell’Arte Medievale e secretario de redacción da revista Semata. Escribiu as obras Os traballos e os días na Galicia medieval (1995), Introdución al método iconográfico (1995, edición ampliada en 1998) e El Pórtico de la Gloria (1999). Foi coautor do CD-Rom Historia del Arte (2000) e dos libros Arte Galega. Estado da cuestión (1991), El rostro y el discurso de la fiesta (1994) e Santiago, la catedral y la memoria...

    VER O DETALLE DO TERMO