Castiñeiras González, Manuel Antonio

Castiñeiras González, Manuel Antonio

Historiador da arte. Licenciado en Arte (1987), doutorouse en 1993 coa tese La iconografía de los meses en el arte medieval hispano, siglos XI-XIV e ampliou estudios en Italia e nos EE UU. Profesor titular de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela e codirector no proxecto de investigación Corpus de Iconografía Medieval Galega desde 1997. Colaborou, entre outras publicacións, en Brigantium e Compostellanum; ademais foi asesor internacional da Enciclopedia dell’Arte Medievale e secretario de redacción da revista Semata. Escribiu as obras Os traballos e os días na Galicia medieval (1995), Introdución al método iconográfico (1995, edición ampliada en 1998) e El Pórtico de la Gloria (1999). Foi coautor do CD-Rom Historia del Arte (2000) e dos libros Arte Galega. Estado da cuestión (1991), El rostro y el discurso de la fiesta (1994) e Santiago, la catedral y la memoria del arte (2000). Recibiu o Premio de Investigación da Xunta de Galicia no 1992.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña