"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Revolucionario mexicano. Organizou unha partida de guerrilleiros (1909), uniuse á revolta maderista e ocupou a cidade de Cuautla. Despois dos Acordos de Ciudad Juárez (1911) rexeitou seguir o presidente Francisco León de la Barra e tampouco recoñeceu a presidencia de Francisco Ignacio Madero. Como alternativa proclamou o Proxecto de Ayala (1911), que propoñía un conxunto de medidas agrarias radicais. O asasinato de Madero e a guerra civil permitiron o rebrote do agrarismo en Morelos, baixo a súa dirección (1914), e a alianza con Pancho Villa. Creada a Soberana Convención Revolucionaria, ambos os dous ocuparon a cidade de México, pero en setembro de 1914 romperon a súa alianza e as forzas de Carranza illárono en Morelos. Instarou entón un réxime revolucionario no estado, onde repartiu as terras dos propietarios e aplicou a reforma agraria. En 1919 o coronel Jesús Guajardo finxiu ser un seguidor seu e atraeuno a unha trampa, onde foi asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Presidente do Partido Popular na Comunitat Valenciana desde 1983, foi deputado no Parlamento autonómico (1991-2002) e presidiu a Comunitat Valenciana (1995-2002). Senador (2002-2004), foi ministro de Traballo e Asuntos Sociais (2002-2004) e portavoz do goberno (2003-2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Jalisco, México, situada no arrabalde NO de Guadalajara (1.001.021 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político checo. Foi un dos fundadores do partido comunista de Checoslovaquia (1921). Presidente dos sindicatos (1945-1948), foi primeiro ministro (1948-1953) e presidente da república (1953-1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, cantante e guitarrista de rock estadounidense. Coñecido como Frank Zappa, combinou o rock and roll con elementos da música culta contemporánea. Da súa discografía destaca Freak out (1966) e Sheik Yerbouti (1979). Outras producións son a ópera rock Joe Garage (1979) e a suite para orquestra Yellow Shark (1922).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Danza de orixe incerta, lenta, de forma binaria e compás de 3/4 ou de 3/2, que se converteu en parte esencial da suite instrumental barroca.

      2. Música desa danza.

    1. Ruído de berros ou voces altas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Zaragoza ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Zaragoza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello que consiste nun cerco de arame que suxeita unha rede en forma cónica que se emprega para a pesca de especies costeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de cousas mesturadas sen orde. SIN: trangallada, zaragallada, zarampallada, zarapallada.

    2. Traballo ou cousa feita sen coidado que carece de importancia ou valor. SIN: trangallada, zaragallada, zarampallada, zarapallada.

    3. Asunto ou situación confusa e complicada, especialmente cando pode causar prexuízos ou algunha consecuencia negativa. SIN: zaragallada, zarampallada, zarapallada.

    4.   Mancha dalgunha cousa húmida, especialmente comida ou bebida. SIN: zaragallada, zarampallada, zarapallada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen fai as cousas de calquera xeito e sen prestar atención. SIN: trangalleiro, zarapalleiro.

    2. Que ou quen é moi descoidado co seu aspecto ou moi desordenado. SIN: zarapalleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anaco de tea ou peza de roupa vella e moi gastada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Valla­­dolid, Castela-A Mancha (1.707 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta eslovaco. Considerado un dos respresentantes máis destacados do surrealismo eslovaco, escribiu Cesta (O camiño, 1952), Po mne ini (Despois de min, os outros, 1957) e Ikar večne živý (Ikar eternamente vivo, 1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, delimatado ao O polo pantano de Gabriel y Galán, e ao L polo río Caparra (1.836 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionaria rusa. Vinculouse aos populistas e en 1883 fundou con G. V. Plekhanov a primeira organización marxista rusa, Osvoboždenije Truda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiu a cidade de Mariupol de 1948 a 1991

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político ruso. Membro do comité central do PCUS (1927). Foi terceiro secretario do partido e dirixiu unha campaña contra as manifestacións culturais e artísticas que non seguían as normas do realismo socialista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pigmento carotenoide de cor amarelenta que aparece en algas, bacterias, xema do ovo e plantas superiores, cuxa función é a de protexer a planta contra a radiación solar. A zeaxantina, xunto coa luteína, protexe a retina e o cristalino da acción oxidante da luz, e pode contribuír a previr ou atrasar a aparición de certos tipos de cegueira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor, produtor e realizador cinematográfico. Xefe da produtora Pathé (1905), tras a guerra retomou en Francia a dirección da Pathé Baby. Cultivou diferentes campos dentro da realización, como o cómico, con Le chien et la pipe (1903); o fantástico, con Les sept châteaux du Diable (1901); o drama popular, con Historie d’un crime (1901); e temas literarios, como Don Quichotte (1903), e relixiosos, con La passion de Crist (1902-1905).

    VER O DETALLE DO TERMO