zeaxantina
zeaxantina
s
f
[BIOQ]
Pigmento carotenoide de cor amarelenta que aparece en algas, bacterias, xema do ovo e plantas superiores, cuxa función é a de protexer a planta contra a radiación solar. A zeaxantina, xunto coa luteína, protexe a retina e o cristalino da acción oxidante da luz, e pode contribuír a previr ou atrasar a aparición de certos tipos de cegueira.