"An" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Rabino da Academia de Sura en Babilonia. Foi o fundador da seita dos caraítas, que defendía a libre interpretación do texto bíblico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sexto Emir de Al-Andalus (721-726), nomeado polo Valí de Ifrīqiya. Despois de ser derrotado por Eudo de Aquitania, dirixiu dende Narbona unha expedición (725) na que conquistou Carcasona, Nimes e Autun, as dúas primeiras por capitulación pactada, polo que permanecían no cargo condal os godos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Abfi (? 525? - 615) Poeta e guerreiro da tribo dos Abs de Arabia central. Fillo dun nobre e dunha escrava abisinia, foi considerado escravo ata que conquistou a liberdade polo seu valor guerreiro na guerra que enfrontou, ao longo de corenta anos, as tribos Abs e Dsobian. Escribiu unha mu‘allaqa e un divan. Figura como heroe central na novela de cabalerías Sīrat‘Antar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Asuán Capital da gobernación de ‘Aswān, no Alto Exipto, na beira do Nilo (220.000 h [1992]). No S da cidade atópase a primeira fervenza do Nilo e os dous encoros de ‘Aswān. A Swan faraónica (Syene en grego) tivo moita sona polas súas canteiras de bo granito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gobernación de Exipto (679 km2; 1.042.000 h [1995]). A capital é ‘Aswān.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Encoros sobre o Nilo, en Exipto, 5 km ao S da cidade de ‘Aswān. A máis antiga, sobre a primeira fervenza do Nilo, foi construída entre 1892 e 1902 e elevada entre 1912 e 1932. Entre 1960 e 1970 construíuse, 7 km máis ao S, unha nova presa -a presa alta- que obrigou a trasladar algúns famosos monumentos do Antigo Exipto (Abu Simbel e Nubia) e que cobre unha área de 480 km de longo e 16 km de ancho, inundando moitas poboacións da conca do Nilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Terceiro califa do Islam (644-656), xenro de Mahoma. Membro da familia omeia foi acusado por ‘Ā’iša de nepotismo e malversación dos botíns da guerra e asasinado por un irmán desta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor persa. Autor dun tratado de retórica titulado ‘Ussaq-nama (1350), publicou compilacións de aforismos, como Sad-pand (Cen consellos), e varias narracións curtas. Destacan as súas poesías satíricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derivado fosforilado do ácido pantoténico que está presente como grupo prostético na proteína portadora de grupos acilo (ACP). É un intermediario na biosíntese do coenzima A.

    VER O DETALLE DO TERMO