‘Aswān, presas de

‘Aswān, presas de

Encoros sobre o Nilo, en Exipto, 5 km ao S da cidade de ‘Aswān. A máis antiga, sobre a primeira fervenza do Nilo, foi construída entre 1892 e 1902 e elevada entre 1912 e 1932. Entre 1960 e 1970 construíuse, 7 km máis ao S, unha nova presa -a presa alta- que obrigou a trasladar algúns famosos monumentos do Antigo Exipto (Abu Simbel e Nubia) e que cobre unha área de 480 km de longo e 16 km de ancho, inundando moitas poboacións da conca do Nilo.

Palabras veciñas

‘Assār | ‘Aswān | ‘Aswān | ‘Aswān, presas de | ‘Awfī, Mu | ‘Ayn, Al- | ‘Azīzīya, Al-