"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • Conxunto de relevos montañosos situados na periferia dos Alpes Centrais. De altitude moderada, menos de 3.000 m en xeral, están constituídos por unha importante capa de sedimentos, con clara preponderancia das rochas calcarias. O zócolo cristalino aflora en poucos lugares. En xeral, trátanse de sedimentos non moi dobrados e sen metamorfismo aparente, nos que non son abundantes as estruturas complexas. O seu pregamento é unha consecuencia da oroxénese alpina e parecen o resultado da tectónica de frición. Os Alpes, propiamente ditos, e as rexións prealpinas atópanse a miúdo ben delimitadas por unha zona de separación, fisura alpina, como nos Prealpes franceses do N. En relación cos Alpes Centrais, os Prealpes caracterízanse tamén por unhas condicións climáticas diferentes, en xeral, son máis chuviosos na mesma latitude. Desde o punto de vista rexional distínguense catro grupos principais: os Prealpes franceses, helvéticos, austríacos (vertente externa) e italianos (vertente interna).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao que precede ás cadeas montañosas dos Alpes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Altura máxima que acada o nivel da auga do mar durante o fenómeno da marea, e tempo que dura esta subida. OBS: Tamén se denomina mar cheo, marea chea ou abalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Fórmula introdutoria no texto dun documento, de forma e contido moi variados.

      2. Texto que encabeza un escrito ou documento e que ten por obxecto presentar os principios fundamentais e xustificativos.

    1. Digresión antes de comezar a expoñer claramente unha cousa.

    2. Aquilo que precede ou anuncia algún acontecemento.

    3. Condicións previas que á fe, en calidade de ofrecemento de Deus a todo home, presupón no ser humano a finalidade de que ao acto de fe non lle siga ningunha cousa extrínseca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amplificador previo disposto antes do amplificador propiamente dito, que amplifica o sinal antes de entrar no amplificador de potencia. Adoita incluír o ecualizador e a miúdo os controis de balance, de ton e de volume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de lixeira anestesia inducido pola inxección de substancias narcóticas antes da anestesia xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Roubar froita.

    2. Coller unha cousa.

    3. Ter que apandar con algo que non se quere.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combustión anormal nun motor de arranque por chispa, a causa dunha arrancada superficial que se produce antes do salto da chispa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arrefriamento previo a que se someten os alimentos antes de refrixeralos ou conxelalos para adaptalos ás novas condicións e conseguir así un aforro enerxético global no proceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situación transitoria previa á proclamación oficial de autonomía dunha rexión ou comunidade territorial. En Galicia foi aprobada polo Real Decreto-Lei 7/1978, de 16 de marzo, polo que se aprobou o réxime preautonómico para Galicia. O seu órgano de xestión foi a Xunta Preautonómica, presidida por Antonio Pérez Rosón, que nomeu a comisión encargada da elaboración do futuro texto do Estatuto de Autonomía. O feito de contar co réxime provisorio de autonomía, permitiulle a Galicia acollerse á Disposición Transitoria II da Constitución de 1978 e acceder á tramitación e referendo do Estatuto de Galicia para conquistar autonomía plena, xunto a Catalunya e Euskadi, e non pola vía lenta (artigo 143) como o resto das comunidades autónomas, salvo Nafarroa, á que se lle aplicou a Disposición Adicional Primeira, Madrid, Ceuta e Melilla, que se constituíron en virtude do artigo 144, e Andalucía polo artigo 151.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen preitea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio de fotografía concedido pola Deputación da Coruña, con carácter anual, desde 1997, na honra do fotógrafo Luís Ksado e pola súa contribución á fotografía galega. Foron galardoados con este premio Xosé Abad, Xulio Villarino, Peter Marlow, Vari Caramés ou Fernando F. Páez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rolos que se utilizan para manter a tea e a trama tensa no tear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo. Estudou a composición do sangue e propuxo facer transfusións con sangue desfibrinado sen éxito. Describiu os procesos de fecundación e de segmentación do óvulo nos batracios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Emigrou a Cuba e ao seu regreso estudou maxisterio e exerceu como mestre en varias parroquias de Ourense. Especializouse no estudo da lingua, a historia, o folclore e os costumes de diversas comarcas ourensás, que plasmou en distintos traballos, como “Astrología y meteorología popular (La Gudiña)” (1957-1958) e “Notas encol da fala vianesa” (1973), incluído no Boletín Auriense. Ademais, publicou Contos vianeses (1958), que dividiu en relatos de encantamentos, relixiosos, de burlas, de animais e variados, e Contos pra nenos (1968), en que recolle relatos infantís de tradición oral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución estadounidense de carácter privado creada en 1936 na Princeton University. Dedícase á investigación e ao ensino no campo da demografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra, pianista e compositor. Coñecido como André Previn, interesouse pola música impresionista francesa e destacou como autor de obras do romanticismo tardío. Foi discípulo de P. Monteux en dirección e de J. Acron e M. Castelnuovo-Tedesco en composición. Director da Houston Symphony Orchestra (1967-1969), da London Symphony Orchestra (1968-1979) e da Orquestra Filharmónica de Oslo (desde 2002), é autor de Symphony for String (1965), Overture to a Comedy (1966) e Peaches (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de procrear.

    VER O DETALLE DO TERMO