preautonomía
(< pre- + autonomía)
Situación transitoria previa á proclamación oficial de autonomía dunha rexión ou comunidade territorial. En Galicia foi aprobada polo Real Decreto-Lei 7/1978, de 16 de marzo, polo que se aprobou o réxime preautonómico para Galicia. O seu órgano de xestión foi a Xunta Preautonómica, presidida por Antonio Pérez Rosón, que nomeu a comisión encargada da elaboración do futuro texto do Estatuto de Autonomía. O feito de contar co réxime provisorio de autonomía, permitiulle a Galicia acollerse á Disposición Transitoria II da Constitución de 1978 e acceder á tramitación e referendo do Estatuto de Galicia para conquistar autonomía plena, xunto a Catalunya e Euskadi, e non pola vía lenta (artigo 143) como o resto das comunidades autónomas, salvo Nafarroa, á que se lle aplicou a Disposición Adicional Primeira, Madrid, Ceuta e Melilla, que se constituíron en virtude do artigo 144, e Andalucía polo artigo 151.