"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • PERSOEIRO

    Político, conde de Oeiras (1759) e marqués de Pombal (1769). Ao acceder ao trono Xosé I de Portugal (1750) foi secretario de Guerra e de Estado e a partir das medidas que adoptou para paliar as consecuencias do gran terremoto de Lisboa de 1755, obtivo a total confianza do rei e gobernou cun poder omnímodo. Fomentou a agricultura e a industria e impulsou o comercio coa creación de diversas compañías mercantís. Reformou a Universidade de Coimbra, impulsou o ensino e reorganizou o exército e a administración. A arbitrariedade dos seus métodos tamén lle crearon moitos inimigos e á morte de Xosé I (1777), foi exiliado da corte e retirouse a Pombal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Eclesiástico. Deán da catedral de Santiago de Compostela, foi vigairo capitular en dúas ocasións, en substitución de Bertomeu de Rajoy Losada e de Francisco Alejandro Bocanegra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político arxentino. Ingresou no Partido Justicialista, foi gobernador da provincia de La Rioja por tres veces consecutivas, e en 1976 sufriu prisión durante algúns meses como resultado do golpe militar. En 1988 presentou a súa candidatura para a presidencia do estado, contra o presidente do partido Antonio Cafiero, e nas eleccións de maio de 1989 conseguiu desbancar a Raúl Alfonsín. O 3 de decembro de 1990 puido esmagar a rebelión militar, pero ao cabo de poucos días indultou os cabezas da ditadura fascista. Reelixido presidente en 1995, ocupou o cargo ata os comicios de 1999. En 2003 volveu presentarse ás eleccións pero foi derrotado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Nacionalizado estadounidense, as súas óperas realistas representan unha exitosa combinación de situacións dramáticas coa forma tradicional das óperas italianas. Destacan as súas obras The medium (1946), The consul (1950), The Saint of Bleecker Street (1954), Labyrinth (1963) e Goya (1986). Recibiu o Premio Montblanc da Cultura para Europa (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caridad del Río Hernández.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización económica internacional creada polo tratado de Chaguaramas de 4 de xullo de 1973 que substituíu á antiga Asociación de Libre Cambio do Caribe (CARIFTA). A súa finalidade é a creación dun mercado común entre os estados insulares do Caribe que foron antigas colonias británicas. Está integrado por quince membros plenos e cinco membros asociados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ƒn

    2. Adquirir algo a cambio de diñeiro.

    3. Conseguir, de maneira ilícita, o favor de alguén a cambio de diñeiro ou outras recompensas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Entallador. Activo en Santiago de Compostela, realizou retablos e imaxes para diversas igrexas, dos que destaca un retablo para a capela de don Lope, na catedral de Santiago de Compostela (1600), e unha reixa para a capela de San Xoán Evanxelista na mesma catedral (1604). Foi tamén o autor dun retablo para a igrexa de San Pedro Fiz de Robra (Outeiro de Rei, 1606).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das partes en que se divide un froito esquizocárpico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e intelectual. Compaxinou a súa vida artística cun intenso labor intelectual, con participación en varias exposicións por toda Galicia, colaborando na revista Grial. O seu estilo caracterizouse por unha particular concepción da luz e recreou a realidade dándolle prioridade á figura humana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político, terceiro marqués de Leganés, marqués de Mairena e de Morata de la Vega e cuarto duque de Sanlúcar la Mayor. Comendador maior na orde de Santiago, foi lugartenente de València (1667-1669), de Catalunya (1678 e 1685-1688) e gobernador de Milán (1691-1698). Responsable da caída do ministro Oropesa, mostrouse partidario de Carlos de Austria como sucesor de Carlos II. Filipe V condenouno á cadea durante a Guerra de Sucesión Española (1705), ao descubrir que facilitara información ás forzas de Carlos de Austria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Porción do pericardio que rodea a orixe dos grandes vasos.

    2. Membrana que une o corazón embrionario coa parede anterior do mesenterio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte media do pericarpo, comprendida entre o epicarpo e o endocarpo, habitualmente carnosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao metacarpo.

    2. Aplícase a cada un dos cinco ósos do metacarpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto dos cinco ósos metacarpianos que constitúen o esqueleto da rexión da man entre o carpo e os dedos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fase larvaria do ciclo biolóxico dos dixéneos que se orixina a partir das cercarias cando estas penetran no hospedeiro intermediario (molusco, peixe ou anfibio) e enquístanse. As metacercarias pasan ao hospedeiro definitivo (normalmente un vertebrado) ao ser inxerido por este o hospedeiro intermediario, adheríndose ao seu tubo dixestivo e transformándose en adultos que poñen ovos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Chorar frecuentemente sen motivo e sen moita forza.

    2. Divulgar ou contar a alguén en particular un segredo co fin de comprometelo ou de causar algún dano.

    3. Amosar unha actitude afectada de delicadeza esaxerada nas palabras ou accións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión que se usa para chamar o gato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filóloga. De formación autodidacta, estudou linguas clásicas, románicas, eslavas e semíticas, aínda que se interesou especialmente polas románicas, primeiro polo francés e provenzal antigos e despois polo castelán, catalán e portugués, e mantivo correspondencia con romanistas como Diez, Ascoli ou Gaston Paris. Con 16 anos publicou o seu primeiro estudo, unha recensión crítica a un traballo de Mussafia sobre a métrica antiga portuguesa e, en 1871, unha nova edición do Romancero del Cid, coa incorporación de novos romances. En 1872 foi nomeada intérprete oficial do Ministerio de Interior alemán para os asuntos da Península Ibérica e, nese mesmo ano, con motivo da súa tradución do Fausto ao portugués, entrou en contacto co crítico de arte Joaquim de Vasconcelos. Desde entón a lingua e literatura portuguesa convertéronse no centro das súas investigacións, sen deixar de lado as outras linguas románicas. En 1911 concedéronlle a cátedra de Literatura Alemá na facultade de Letras de Lisboa, pero...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor lituano. Naturalizado francés (1931), publicou narrativa, obras dramáticas e poesía, principalmente simbolista. Escribiu ensaios filosóficos, traballos de eséxese e estudos de antropoloxía histórica. Da súa produción destacan as obras Les poèmes des décadences (1899), L’amoureuse initiation (1910), Miguel de Mañara (1912), Ars Magna (1924) e La clef de l’Apocalypse (1938).

    VER O DETALLE DO TERMO