Menem, Carlos Saúl

Menem, Carlos Saúl

Político arxentino. Ingresou no Partido Justicialista, foi gobernador da provincia de La Rioja por tres veces consecutivas, e en 1976 sufriu prisión durante algúns meses como resultado do golpe militar. En 1988 presentou a súa candidatura para a presidencia do estado, contra o presidente do partido Antonio Cafiero, e nas eleccións de maio de 1989 conseguiu desbancar a Raúl Alfonsín. O 3 de decembro de 1990 puido esmagar a rebelión militar, pero ao cabo de poucos días indultou os cabezas da ditadura fascista. Reelixido presidente en 1995, ocupou o cargo ata os comicios de 1999. En 2003 volveu presentarse ás eleccións pero foi derrotado.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Anillaco, La Rioja