"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Impulsor dos estudos de arquitectura e deseño actuais, dirixiu a Revista Nacional de Arquitectura, coñecida posteriormente como Arquitectura. Das súas obras destacan o Instituto Laboral de La Carolina (Jaén) e a tribuna do campo de fútbol en San Mamés (Bilbao).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Numismático. Foi historiador, orientalista e conservador da American Numismatic Society (Nova York). Desenvolveu un importante labor en numismática e arqueoloxía. Publicou os traballos fundamentais para a numismática medieval da Península Ibérica The Coinage of the Umayyads of Spain (1950) e The Coinage of the Visigoths of Spain Leovigild to Achila II (1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Paleógrafo, historiador, latinista e bibliógrafo. A súa obra destacou polos estudos sobre diplomacia castelá, historia de Madrid, Canarias e América e tamén polos traballos sobre paleografía visigótica e hispano-americana. Escribiu Tratado de paleografía española (1929 e 1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor sueco. Influído por A. Rodin e A. von Hildebrand, converteu o seu obradoiro no Museo Milles. Caracterizouse polo emprego de conceptos expresionistas e formas barrocas en movemento. Realizou retratos históricos e monumentos. Esculpiu Fountain of the Meeting of the Waters e Peace Monument (EE UU).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director de orquestra. Desde 1869 foi director do Theater an der Wien, en Viena. É célebre polas súas operetas Der Bettelstudent (1882) e Der arme Jonathan (1890).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao miocardio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Musculatura do corazón comprendida entre o pericardio e o endocardio. Comprende o miocardio propiamente dito e o nódulo sinoauricular, co sistema de condución. Ten autonomía contráctil, condutibilidade e excitabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome xenérico que se emprega para designar calquera doenza que afecta ao miocardio.

    2. Estado patolóxico do corazón que se caracteriza pola dilatación das súas paredes, insuficiencia cardíana global, arritmias, embolias e insuficiencia das válvulas mitral e tricúspide. A miúdo é de causas descoñecidas, pero, ás veces atópase en pacientes alcohólicos ou portadores de distrofias musculares.

    3. Alteración conxénita, ás veces herdada, que se caracteriza por unha notable hipertrofia das paredes do ventrículo esquerdo, especialmente do tabique, sen dilatación da cavidade, que supón un obstáculo á saída do sangue do ventrículo á aorta. É unha das causas de morte repentina.

    4. Estado patolóxico do corazón que se caracteriza pola diminución do volume intraventricular, a causa dunha obliteración parcial da cavidade ventricular por tecido fibroso e trombos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado patolóxico que se caracteriza pola inflamación do miocardio, xeralmente no curso dunha enfermidade infecciosa, pero tamén por procesos inmunolóxicos ou pola acción de axentes tóxicos, químicos ou físicos, ou de irradiacións. As miocardites agudas aparecen sobre todo en enfermidades que producen virus e a miúdo son banais, aínda que algunhas veces poden dar lugar a formas crónicas, que adoitan causar lesións cardíacas irreversibles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico en desuso das afeccións dexenerativas do miocardio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Desenvolveu un estilo festivo e provocador, tal e como se reflicte nos seus filmes Con el culo al aire (1981), Karnabal (1985, Premio de la Generalitat de Catalunya, 1986), Daniya, el jardin de Harén (1988) e El rey del mambo (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Colaborador de Madrid Cómico e fundador de Madrid Alegre, estivo tamén vinculado á redacción de El Liberal, onde popularizou a sección “Versos prosaicos”. Publicou Mi niña (1910), Mi dulcinea (1913), La caída de Isabel II (1914), Rosas de pasión (1914), El oso blanco (1915) e Juegos malabares (1916).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘catar (licores)’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mistacocáridos.

    2. Crustáceo da clase dos mistacocáridos.

    3. Clase de crustáceos, do grupo dos mandibulados, constituída por formas moi pequenas, de menos de 1 mm, que carecen de cuncha e que teñen corpo vermiforme. Habitan na zona intersticial das praias areosas, motivo polo que non foron descubertos ata época recente (1938).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falsear, mediante a mestura ou confusión dos elementos, co fin de enganar.

    2. Abusar da credulidade de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Converter algo ou a alguén en mito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Chorar frecuentemente sen motivo e sen moita forza.

    2. Divulgar ou contar a alguén en particular un segredo co fin de comprometelo ou de causar algún dano.

    3. Amosar unha actitude afectada de delicadeza esaxerada nas palabras ou accións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘bicar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor sueco. Nun primeiro momento, as súas novelas recolleron unha visión do tránsito da xente do campo a zonas industrializadas. En anos posteriores, o seu interese centrouse no fenómeno da emigración sueca cara a América. Destacan a súa triloxía sobre Knut Toring (1935-1939), onde analiza o sentido da liberdade, e as obras Rid i natt (Cabalgade esta noite, 1941), en que manifesta o seu sentimento antinazi; e Soldat med brutet gevär (Cando era un rapaz, 1944).

    VER O DETALLE DO TERMO