miocardioesclerose
(< mio- + cardiopatía)
-
s
f
[PAT]
Nome xenérico que se emprega para designar calquera doenza que afecta ao miocardio.
-
miocardiopatía conxénita/dilatada
[PAT]
Estado patolóxico do corazón que se caracteriza pola dilatación das súas paredes, insuficiencia cardíana global, arritmias, embolias e insuficiencia das válvulas mitral e tricúspide. A miúdo é de causas descoñecidas, pero, ás veces atópase en pacientes alcohólicos ou portadores de distrofias musculares.
-
miocardiopatía hipertrófica
[PAT]
Alteración conxénita, ás veces herdada, que se caracteriza por unha notable hipertrofia das paredes do ventrículo esquerdo, especialmente do tabique, sen dilatación da cavidade, que supón un obstáculo á saída do sangue do ventrículo á aorta. É unha das causas de morte repentina.
-
miocardiopatía restritiva
[PAT]
Estado patolóxico do corazón que se caracteriza pola diminución do volume intraventricular, a causa dunha obliteración parcial da cavidade ventricular por tecido fibroso e trombos.