"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • CIDADES

    Cidade de Escocia, Reino Unido, que está situada na rexión de Strathclyde e que forma parte da conurbación de Central Clydeside (67.787 h [1991]). É un centro de industria metalúrxica. Motherwell e Wishaw uníronse en 1920.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Foi catedrático de Historia Moderna da Sorbonne (1955-1977) e especializouse no Antigo Réxime francés. Escribiu, entre outros, Le XVIIIe siècle: l’Epoque des Lumières (1953), Les XVIe et XVIIe siècles (1954), Fureurs paysannes (1967), La monarchie absolue en Europe du Ve siècle a nos Jours (1982) e Monarchies et Royautés (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Influído polo neoexpresionismo, traballou co pintor Luis Rodríguez Gordillo nos Talleres de Arte Actual de Madrid. Seguidor do neohumanismo, ao que engadiu o horror vacui e o linealismo clasicista, amosou interese polas formas abstractas. Nas súas obras creou espazos propios para a narración pictórica e pintou mundos de ensoñación con figuras inconcretas inmersas en espazos infinitos. Destacan Máquinas (1983), Tempos de pintura (1985), Nocturno cidade (1990), Bazar (1991) e Sol entre árbores (1990-1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Nos seus inicios destacou como debuxante e a mediados da década de 1980, adoptou un estilo expresionista. A súa obra evolucionou cara a un estilo neohumanista con influencias románticas e mesmo cara á abstracción. Ademais de cultivar os formatos pitóricos convencionais, realizou murais e gravados. Foi un dos fundadores da Galería Gruporzán na Coruña (1985). Realizou Los deseos e Presencias 2, a serie Travesía á illa dos mortos (1986) e Del diario del poeta I (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico suízo. Estudou na escola politécnica federal de Zúric, onde obtivo o doutorado en 1958. Especializado en óxidos, descubriu, nos laboratorios de IBM en Zúric, os materiais cerámicos supercondutores, polo que recibiu xunto co seu colaborador Georg Bednorz o Premio Nobel de Física en 1987.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico estadounidense. Colaborou nun proxecto para o desenvolvemento da bomba atómica durante a Segunda Guerra Mundial e ideou un método para separar isótopos distintos do mesmo elemento químico mediante centrifugación e evaporación. Creou a teoría dos orbitais moleculares, polo que obtivo o Premio Nobel de Química en 1966.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao dispositivo ou procedemento, que permite obter ou procesar imaxes en varias bandas espectrais ao mesmo tempo.

    2. Aplícase ao aparato radiorreceptor que pode sincronizar máis dunha banda de radiofrecuencias, xeralmente desde unha frecuencia moi baixa ata unha moi alta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao televisor capaz de recibir imaxes de diferentes características, como son o número de liñas, a banda, a modulación ou a sincronización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Número que se multiplica por outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista canadense. Foi membro da escola de Chicago e desenvolveu con Harry Johnson a tese sobre a actividade política e monetaria nas economías abertas. Foi asesor do FMI, do Banco Mundial e da UE. Desenvolveu o modelo Mundell-Fleming para a análise macroeconómica con Marcus Fleming e escribiu International Economics (1968), Man and Economics (1968), Monetary Theory: Interest, Inflation and Growth in the World Economy (1971), Building the New Europe (1992) e Inflation and Growth in China (1996). Recibiu o Premio Nobel en Ciencias Económicas (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico polaco. Dirixiu algúns filmes de tema bélico, como Blekitny krzyz (Os homes da Cruz Azul, 1955), Cztowiek na torze (Un home na vía, 1957), Eroica (Heroísmo, 1957) e Pasažerka (A pasaxeira, 1960), retrato das condicións de vida nun campo de concentración nazi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Participou na Batalla de Alhucemas (1925) onde resultou ferido. Foi recruta polo bando franquista durante a Guerra Civil Española, dirixiu a IV Brigada Navarra e foi nomeado xeneral. Ao remate do conflito foi nomeado ministro Secretario Xeral de FET e das JONS (1939-1940), xeneral en xefe da División Azul (1941-1942) e ministro do Exército (1951-1957). En 1957 ascendeu a capitán xeneral e ocupou a vicepresidencia do goberno desde 1962 ata 1967.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Foi membro da escolta da rexente de España María Cristina das Dúas Sicilias, con quen contraeu secretamente matrimonio morganático en 1833.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Colaborador dos periódicos El Deber, La Paz ou El Lérez, fundou en Pontevedra o semanario El Independiente (1881-1882) e foi un dos impulsores da prensa diaria en Galicia. Caracterizado polo seu costumismo e imaxinación, da súa composición poética destacan Cantos inarmónicos (1874) e diversos poemas en galego, como “Unha de paus”, “O bautizo”,O enterro” e “Cousas de mozos”. Cultivou tamén o teatro co drama La hija del timonel (1878) e a zarzuela con Percances de un viejo verde. O himno A Galicia foi premiado en Pontevedra (1880).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade estatal situado nas dependencias da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, en Madrid. Fundado en 1774 por decisión de Carlos III, os seus fondos iniciais procedían da Junta Central de Monumentos, e foron ampliados con diversas coleccións confiscadas aos xesuítas, coas obras premiadas nos concursos públicos convocados pola Academia desde 1753 e coas doazóns de particulares. Acolle unha das máis importantes coleccións de pintura española, da que destacan as obras de Zurbarán, Ribera e Goya, e tamén europea, como obras de Rubens, Mengs ou van Loo. Conta tamén cunha colección de debuxos, gravados, mobles, porcelanas e outros obxectos artísticos. Organiza conferencias, coloquios e outras actividades ademais de publicar monografías e outras obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado na Casa Galega da Cultura en Vigo. Está formado pola doazón que fixo en 1995 Francisco Fernández del Riego da súa biblioteca e da súa colección de arte á cidade de Vigo. Recolle pinturas, esculturas e fotografías galegas dos últimos anos do s XIX e comezos do s XX, así como obxectos persoais, fotografías, cartas e as primeiras edicións das obras bibliográficas de Fernández del Riego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina que significa ‘cos cambios necesarios’, ‘coas correccións necesarias’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Glándulas mucosas que están situadas ao redor do orificio do colo uterino. Cando se obstrúe o conduto secretor fórmanse os quistes de Naboth.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo austríaco. Entre 1933-1935 fixo unha grande enquisa antropolóxica entre os nupes de Nixeria, e en 1938 foi nomeado antropólogo do goberno no Sudán anglo-exipcio. Autor de numerosas monografías sobre temas africanos, das súas obras destacan Foundation of Social Anthropology (1951) e The Theory of Social Struture (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de India, o máis nororiental do país, situado na fronteira con Myanmar (16.579 km2; 1.988.636 h [2001]). A capital é Kohīma (53.122 h [1991]). É unha rexión montañosa, cun clima caloroso e húmido, que está atravesada por serras do NL a SO e bañada por afluentes do Brahmaputra e o Irauadi. Está habitada polos nagas.

    VER O DETALLE DO TERMO