Nāgāland ou Nagā Pradesh

Nāgāland ou Nagā Pradesh

Estado de India, o máis nororiental do país, situado na fronteira con Myanmar (16.579 km2; 1.988.636 h [2001]). A capital é Kohīma (53.122 h [1991]). É unha rexión montañosa, cun clima caloroso e húmido, que está atravesada por serras do NL a SO e bañada por afluentes do Brahmaputra e o Irauadi. Está habitada polos nagas.

Palabras veciñas

Naga | Nagai, Kafū | Nagai, Tatsuo | Nāgāland ou Nagā Pradesh | nagana | Nagano | Nagano