"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Xénero de bolboretas asiáticas da familia dos satúrnidos que presentan un ocelo en cada á. Son produtoras de seda que se emprega na fabricación do tecido chamado tusor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes teleósteos da familia dos serránidos ao que pertence o peixe rei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das escrofulariáceas ao que pertence a herba becerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de insectos coleópteros da familia dos curculiónidos. As larvas desenvólvense nos abrochos florais de algunhas plantas de interese económico como a maceira, a pereira ou o algodón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico norteamericano. Dirixiu os filmes The Rainmaker (Bágoas do ceo, 1956), The Matchmaker (A mercadora da felicidade, 1957), Career (Calvario da gloria, 1956), All in a Night´s Work (A dama da madrugada, 1961), The captive city (Os heroes tamén matan, 1963) e Tomorrow (Mañá, 1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora estadounidense defensora dos dereitos da muller. Exerceu a docencia ata os trinta anos. Tomou parte no primeiro congreso feminista de Séneca Falls (1848). Entre 1854-1861 asumiu a causa abolicionista e traballou na Sociedade Antiescravista Americana. En 1863 fundou a Liga de Mulleres Leais para loitar pola emancipación dos escravos. En 1851 propugnou a reforma das leis discriminatorias do estado de Nova York, pronunciou conferencias e organizou, xunto a Elizabeth Cady Stanton, unha campaña para modificar a lexislación vixente. Considerou obxectivo primordial a consecución do sufraxio feminino, polo que en 1869 foi membro fundador da National Woman Suffrage Association, da que foi presidenta ata os oitenta anos. En colaboración con Stanton, publicou o xornal Revolution e a obra The History of woman’s suffrage (3 tomos, 1881-1888). En 1888 participou na creación da Asamblea Internacional de Mulleres, onde estaban representados 48 países.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das gramíneas ao que pertence a lesta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de coleópteros da familia dos derméstidos, que teñen o corpo recuberto de escamas que forman debuxos. Tanto as larvas como os adultos se alimentan de materia animal seca (peles, plumas, etc) e son coñecidos por afectar as coleccións biolóxicas dos museos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das umbelíferas ao que pertence o pirixel bravo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista cultural e científica aparecida en abril de 1981 e subtitulada “Revista de documentación científica de la cultura”. Dirixida por Jordi Domènech e Ramón Gabarrós, colaboraban nela: Ricardo Gullón, Alarcos Llorach, Benedetti, M. Zambrano, Antón Risco e outros intelectuais. O seu número 65 (outubro de 1986) dedicouse ás diversas facetas de Castelao con artigos de Basilio Losada, Isaac Díaz Pardo, Claudio Rodríguez Fer, Ramón Piñeiro, Siro López, Fernández del Riego, Lourenzo Fernández Prieto e Xavier Costa Clavell. Aparecían tamén informacións sobre museos, fundacións e organismos culturais de Galicia. No número 66-67 (novembro-decembro 1986) escribíronse artigos en homenaxe a Torrente Ballester. No primeiro número da serie “Documentos A” o protagonista é Rafael Dieste, mentres que no número 154-155 (marzo-abril de 1994) aparecen artigos de Ramiro Fonte sobre a literatura fantástica galega. Amais destas referencias, aparecen outros artigos sobre escritores portugueses como Fernando...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas tropicais americanas da familia das aráceas, que comprende máis de medio millar de especies herbáceas ou gabeadoras, algunhas das cales son cultivadas como plantas ornamentais pola beleza das súas follas ou das súas espatas de cores vivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves da familia dos motacílidos ao que pertencen as picas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbas ou arbustos da familia das fabáceas con flores en inflorescencias mestas e arredondadas e follas imparipinnadas. En Galicia están presentes dúas especies en ambientes secos: A. gerardii, con flores rosadas, e A. vulneraria, con flores amarelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prefixo de orixe grega que, adxunto a un substantivo ou adxectivo, denota oposición, hostilidade, protección contra algo ou inversión do sentido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liga Anti-Lei do Cereal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñece a obra de Engels Anti-Dühring: Hern Eugens Dührings Umwälzung der Wissenschaft (Anti-Dühring ou a revolución da ciencia de Uxío Dühring: introdución ao estudo do socialismo), que comprende os artigos publicados entre 1877 e 1878 polo autor. Nesta obra expóñense de xeito sistemático os fundamentos do socialismo científico e aplícase esta doutrina ao maior número de campos. Na parte filosófica, analiza a relación entre o ser e o pensamento, apoiándose nos logros científicos da bioloxía, a física ou as ciencias en xeral. Na parte económica, expón as teorías de Marx sobre o traballo, a mercancía, o valor, etc. Na última parte, explica as diferencias entre socialismo utópico e socialismo científico, constituíndo unha verdadeira introdución doutrinal ao socialismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise dos vestidos ( vestido anti-g), dispositivos, etc, que serven para contrarrestar os efectos das aceleracións fortes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino procedente do grego Anthía ‘florida ou extraída das flores’, e este derivado de anthos ( ἄ ν ϴ ος ‘flor’). Referíase ao primeiro panal de mel que fabrican as abellas; isto é, á antena, entena ou favo. Algúns investigadores afirman que este nome grego chegou xa a Roma como nome de escravas orientais, inda que logo foi paseniñamente converténdose en nome de libertas e mulleres libres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nai de santo Eutelo, foi martirizada en Messina (Sicilia) nos tempos do Emperador Adriano. A súa festa celébrase o 18 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que actúa contra os ácidos.

    2. Fármaco que actúa neutralizando por reacción química a acidez, como o clásico bicarbonato sódico, o citrato e o fosfato sódicos, o carbonato cálcico ou o óxido de magnesio, ou eliminándoa por adsorción, como os silicatos e os hidróxidos de aluminio.

    3. ernices, pinturas, revestimentos, pavimentos, artigos de cerámica, masilla, etc, resistentes aos ácidos. Os vernices e as pinturas antiácidas están preparadas sobre todo a base de resinas sintéticas e de resinas epoxi, utilizando plastificantes e pigmentos capaces tamén de resistir os ácidos. Para os revestimentos e pavimentos antiácidos utilízanse placas asfálticas ou placas de policloruro de nivel ríxido, e compostos a base de asfaltos ou de resinas epoxi. Unha solución alternativa para os pavimentos é a utilización de lousas de gres ou de materiais cerámicos antiácidos, unidos mediante masillas antiácidas.

    VER O DETALLE DO TERMO