Antía

Antía
[ONOM]

Antropónimo feminino procedente do grego Anthía ‘florida ou extraída das flores’, e este derivado de anthos ( ἄ ν ϴ ος ‘flor’). Referíase ao primeiro panal de mel que fabrican as abellas; isto é, á antena, entena ou favo. Algúns investigadores afirman que este nome grego chegou xa a Roma como nome de escravas orientais, inda que logo foi paseniñamente converténdose en nome de libertas e mulleres libres.