antiadherente

antiadherente

(< anti- + adherente)

  1. adx

    Que se opón á adherencia.

  2. s m [QUÍM/IND]

    Substancia que se opón á adherencia. Os antiadherentes, interpostos cunha fina película, evitan a adhesión entre superficies en contacto que adoitan engancharse. A súa eficacia depende da súa afinidade polos produtos nos que se aplican e está en relación inversa á capacidade de migración cara ao interior daqueles. Disponse de antiadherentes moi eficaces que son, por unha banda, o teflón aplicado como revestimento permanente sobre superficies metálicas (trebellos de cociña, por exemplo); e pola outra, as siliconas, empregadas para facilitar o desenmoldeamento, para a fabricación de papeis antiadherentes, para manter limpos os cilindros dos coadores, as cintas transportadoras, etc.