"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Título nobiliario concedido polo Rei Carlos II en 1679 a Xosé de Bolaño Ribadeneira e Mariñas , señor da Puebla de Parga e das fortalezas de Torés e Xunqueiras, entre outras. A súa filla e herdeira, María Xosefa Rosa Bolaño Ribadeneira foi a II marquesa e casou con Tomé de los Cobos Sarmiento de Mendoza, capitán xeneral do Reino de Galicia e fillo do X conde de Ribadavia. A súa filla María Xosefa de los Cobos Bolaño Ribadeneira (?-Madrid 1767), foi a III marquesa e casou con Fernando Gayoso Arias y Ozores, III conde de Amarante e vizconde de Oca. O seu fillo Domingo Gayoso de los Cobos y Bolaño Ribadeneira (?-1803), foi o IV marqués e herdou tamén os títulos paternos e os de conde de Ribadavia (XIV), marqués de Camarasa (VIII), con Grandeza de España, e conde de Ricla. Desde entón o marquesado seguiu a mesma liña sucesoria que o condado de Ribadavia ata 1871: Joaquín Gayoso de los Cobos (?-1849),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bebida alcohólica, de entre 6° e 8°, que se obtén pola fermentación do zume azucrado da pita, típica de México e de América Central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz de Oriente, primoxénita de Arcadio. Foi rexente do seu irmán Teodosio II entre 414 e 416, e sucedeuno no trono imperial á súa morte, xunto co seu esposo Marciano I (450). Loitou contra as herexías e contribuíu co Papa León I ao triunfo da ortodoxia calcedonia. A súa festividade celébrase o 10 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é extremadamente pulcro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Santiago de Compostela 18.5.1925) Asesor de comunicación. Técnico directivo de comunicación e relacións públicas e de radiotelevisión e diplomado en protocolo, foi xefe de Protocolo e Relacións Públicas do concello de Santiago de Compostela e asesor de protocolo do presidente da Xunta de Galicia e do Consejo Superior de Comunicación e Relaciones Públicas de España. Escribiu Guía de protocolo (1985) e Ceremonial y protocolo (1990). Recibiu a encomenda de número da Orden al Mérito Civil e a Cruz Oficial da Orden de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Kara Koyünlü.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dígrafo galego, denominado que u, que representa o fonema consonántico oclusivo velar xordo /k/ ante as vogais palatais /e/, /ε/ e /i/. Mantense <qu> en palabras patrimoniais que proceden fundamentalmente do fonema ou secuencia bifonemática KW- seguido de vogal palatal, en que desaparece o wau e se mantén a consoante velar sen palatalizar (querer < QUAERĔRE, quen < QUĔM, quedo < *QUĒTU < QUĬĒTU, quince < QUĪNDĔCĬM, quinquenio < QUĪNQUĔNNĬU, queixar < *QUASSĬĀRE, quiñentos < QUĪNGĔNTŌS, quiñón < QUĪNĬŌNE); pero tamén poden ter outras orixes: queixo < CASEU, queixo < CAPSU; máquina < MA-­CHĬNA < gr μηχαν ή , arqui- < gr ἀ ρχι− (arquiduque, arquidiocese, arquimillonario,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sultán de Delhi (1206-1211). Escravo turco ao servizo de Mu ḥ ammad de Ġur, morto o seu amo (1205), converteuse no señor de Delhi e de Lāhaur, encabezando a dinastía dos denominados reis escravos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista, poeta, lexicógrafo e historiador. Guerreiro dos omeias e descendente da nobreza visigoda, escribiu Ta’rī) iftitā ḥ al-Andalus (Historia da conquista de Al-Andalus).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e filósofo sirio. Cristián de orixe grega, contribuíu eficazmente á difusión da ciencia grega no mundo oriental con numerosas traducións ao árabe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ehículo motorizado de catro rodas e de gran potencia que se caracteriza pola súa estabilidade e manexabilidade en terreos sinuosos ou escarpados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Encíclica que promulgou o Papa Pío XI en 1931 con motivo do cuadraxésimo aniversario da Rerum Novarum. Retomou e desenvolveu os temas principais desta, como a propiedade privada, a moderada intervención do estado, a distribución equitativa da riqueza e as sociedades corporativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especialidade pictórica que se fundamenta no dominio das técnicas da perspectiva e na habilidade manual. Foi propia de artistas menores, xeralmente emilianos e venecianos, vinculados cos ámbitos da escenografía teatral e expertos no xénero de cabalete, en vistas con ruínas antigas. Obtivo gran difusión nas igrexas e sobre todo en palacios entre os s XVI e XVIII, porque lembraba o gusto manierista de superar os límites arquitectónicos reais dun xeito ilusionista e fantasioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, gravador e litógrafo alemán. Foi pintor da corte de Maximiliano de Baviera e membro das academias de Múnic e de Berlín. Pintou a Ruína a carón do mar, Catedral de Orvieto, Vella abadía de Rouen e Rúa da Residencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plasma de quarks e gluóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome do ministerio de Asuntos Exteriores francés, situado no palacio e na rúa homónima, preto do Sena, en París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do extremo meridional da península de Indochina (Vietnam do Sur) que separa o golfo de Tailandia do mar da China Meridional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Vietnam (11.989 km2; 1.911.700 h [estim 1993]). A súa capital é Da Nang.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Vietnam (5.856 km2; 1.149.500 h [estim 1993]). A súa capital é Quang Ngai (34.402 h [1989]).

    VER O DETALLE DO TERMO