quadratura*
quadratura*
s
f
[ARTE]
Especialidade pictórica que se fundamenta no dominio das técnicas da perspectiva e na habilidade manual. Foi propia de artistas menores, xeralmente emilianos e venecianos, vinculados cos ámbitos da escenografía teatral e expertos no xénero de cabalete, en vistas con ruínas antigas. Obtivo gran difusión nas igrexas e sobre todo en palacios entre os s XVI e XVIII, porque lembraba o gusto manierista de superar os límites arquitectónicos reais dun xeito ilusionista e fantasioso.