"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Que se opón á adherencia.

    2. Substancia que se opón á adherencia. Os antiadherentes, interpostos cunha fina película, evitan a adhesión entre superficies en contacto que adoitan engancharse. A súa eficacia depende da súa afinidade polos produtos nos que se aplican e está en relación inversa á capacidade de migración cara ao interior daqueles. Disponse de antiadherentes moi eficaces que son, por unha banda, o teflón aplicado como revestimento permanente sobre superficies metálicas (trebellos de cociña, por exemplo); e pola outra, as siliconas, empregadas para facilitar o desenmoldeamento, para a fabricación de papeis antiadherentes, para manter limpos os cilindros dos coadores, as cintas transportadoras, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que prevén ou imposibilita a acción adrenérxica.

    2. Nome xenérico das substancias antiadrenérxicas, chamadas tamén bloqueadores adrenérxicos, que inhiben a transmisión do estímulo do sistema nervioso simpático ao bloquear os receptores α ou β.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se opón á navegación aérea ou aos ataques da aviación.

      1. Dise da arma destinada á defensa contra a aviación dende a terra ou dende unha nave. Todas as armas empregadas para ese fin, como canóns, metralladoras e mísiles, teñen unha gran velocidade de fogo e de puntería. Os canóns antiaéreos xurdiron durante a Primeira Guerra Mundial; na Segunda Guerra Mundial introducíronse as metralladoras antiaéreas e utilizouse o radar para seguir a traxectoria do obxectivo. En alturas superiores aos 6.000 m o bloqueo dos avións inimigos encoméndase á propia aviación ou en último termo, aos mísiles terra-aire do tipo Nike Hercules (EE UU). Por debaixo desta altura utilízanse mísiles como o Patriot (EE UU). Na zona de combate que non chega ao teito dos 3.000 m actúan mísiles lixeiros, pero tamén os mísiles autoguiados por raios infravermellos que pode disparar un soldado dende un lanzador portátil.

      2. arma antiaérea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • anafrodisíaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que impide a agregación.

    2. Substancia que impide a agregabilidade das plaquetas. Reduce o risco de padecer doenzas arteriais obturadoras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Axente antialcalino que remedia ou prevén a alcalinidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que remedia ou prevén a alcalinidade.

    2. Que resiste a acción dos álcalis.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que actúa contra o alcohol.

    2. Conxunto de medidas terapéuticas e psico-sociais destinadas a combater o alcoholismo. Fálase de tratamentos médicos cando se utilizan vitaminas do grupo B, extractos hepáticos e psicofármacos; de tratamentos aversivos cando se recorre á asociación dun medicamento (disulfiram) co alcohol, feito que dá lugar a reaccións moi desagradables (vómitos, sufocos, etc); e de psicoterapia (individual ou de grupo), cando se trata de resolver os conflitos psíquicos profundos e as condicións de índole familiar, de traballo, etc, que motivaron o alcoholismo do paciente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oposición ao abuso de bebidas alcohólicas. Téñense creado centros especializados para o tratamento de alcohólicos, sociedades antialcohólicas como os Alcohólicos anónimos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que combate a alerxia.

    2. Nome xenérico dos fármacos que inhiben a resposta do organismo a certos antíxenos evitando que se produzan as manifestacións típicas da alerxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que evita ou combate a dor.

    2. Medicamento ou axente que combate a dor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Axente que evita a implantación do óvulo fecundado na parede da matriz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que evita a aniñación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que combate a anorexia.

    2. Fármaco que combate a anorexia estimulando o apetito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Punto da esfera celeste oposto ao ápex e, polo tanto, de onde procede, no seu movemento, o Sol e todo o sistema solar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que combate as arritmias.

    2. Nome xenérico dos fármacos que modifican a velocidade e o ritmo dos latexos do corazón, e restauran o ritmo sinusoidal normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que actúa contra a artrite.

    2. Fármaco que combate a artrite.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que evita ou combate a asma.

    2. Medicamento ou axente antiasmático.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que combate a ateroesclerose.

    2. Nome xenérico dos fármacos que evitan o desenvolvemento da ateroesclerose. Actúan a diferentes niveis: diminúen a agregabilidade das plaquetas, o colesterol, os triglicéridos séricos ou producen vasodilatación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que designa tamén o Pequeno Atlas ( Atlas).

    VER O DETALLE DO TERMO