"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Sexto conde de Monterrei. Fillo de Gaspar de Acevedo e Zúñiga e de Inés de Velasco. Gozou da amizade dos grandes artistas da época como Velázquez, o Españoleto, ou Lope de Vega, quen lle dedicou La mañana de San Juan. Sen demasiada destreza no eido militar, acadou postos relevantes na corte de Filipe IV grazas á mediación do seu cuñado e curmán, o Conde-Duque de Olivares. En 1628 outorgóuselle a grandeza de España e pasou a se converter en Xentilhome de Cámara do Rei. Foi Embaixador en Roma, Vicerrei de Nápoles, Xeneral en Xefe do exército que loitou en Extremadura fronte aos portugueses e Presidente do Consello de Estado, do de Guerra e do de Nápoles. O seu servizo á Corte e ao Rei fóra de Galicia significou un afastamento progresivo da súa liñaxe con respecto á terra. Co tempo, a condesa Isabel de Zúñiga e Fonseca, sétima titular do condado, morreu sen sucesión, pasando o señorío de Monterrei a Catalina de Haro e Guzmán que, ao emparentar cos duques de Alba, desvencellou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor de Teoloxía na Orde dos Agostiños de Salamanca, onde ingresara moi novo. Atribúeselle a autoría de numerosas obras e tense constancia da publicación da obra Catecismo de los misterios de la fe, con la exposición del símbolo de los santos Apóstoles e a tradución, xunto con Sáa de Miranda, dos Sermones de Francisco Fernández Galván.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de achancar.

    2. Paso longo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Avanzar con pasos longos.

    2. Termo da xerga dos canteiros que corresponde ás voces ‘concluír, finalizar, terminar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nivelar unha superficie irregular, un obxecto, unha cousa.

    2. Deixar ben liso un terreo.

    3. Retirar os atrancos que impiden ou dificultan a realización dalgunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación comarcal aparecida a finais de 1991 ou principios de 1992 na vila de Chantada que incluía novas referidas ao propio concello.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aguantar algo que desagrada sen protestar ou sen mostrar oposición ningunha.

    2. Abandonar unha actitude arrogante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde ás voces ‘cortador, carniceiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico alemán. Desenvolve o método de Marggraf para extraer azucre da remolacha en grandes cantidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estadista e avogado norteamericano. Secretario de estado na administración Truman (1949-1953), foi un dos promotores do UNRRA (1943) e do Plan Marshall (1948); interveu na creación da OTAN (1949-1950) e na elaboración do tratado de paz co Xapón (1951). Gañou o premio Pulitzer de Historia (1970) con Present at the Creation (Presente na Creación).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e filósofo italiano. Coñecido polos seus estudios de anatomía. Atribúeselle o descubrimento dos ósos da orella interna chamados bigornia e martelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. chantaxe.

    2. arzola.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce un ácido ou fai ácida unha solución.

    2. Organismos, especialmente bacterias, que acidifican o medio no que viven.

    3. Medicamento destinado a combater a alcalose ou a facer ácidos os ouriños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia ácida, xeralmente orgánica, que se emprega en moitos procesos como conservante, regulador, modificador de viscosidade e demais. Presentan estas características os ácidos cítricos, fumáricos, propiónicos, lácticos, sucínicos, adípicos, málicos e tartáricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que incita ou provoca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acisclo Manzano Freire.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir cristián venerado xuntamente coa súa suposta irmá Victoria, coa que morreu decapitado. Unha parte das súas reliquias venéranse en Breda. A tradición galega faino irmán dos sete irmáns galaicos de santa Eufemia. Acisclo, un dos santos máis antigos no culto hispánico, é titular das parroquias de Gullade (Monforte de Lemos) e Valadouro (Foz). A súa festa celébrase o 17 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro da parroquia de Aciveiro, Forcarei, pertencente á orde cisterciense. Foi fundado no ano 1135 co patrocinio de Afonso VII, que lle asignou a xurisdición dun enorme couto que manterá ata a desamortización de 1835. A extensión dos seus dominios durante toda a Idade Media abranguía o Candán, Acebeiro, Deza, Trasdeza, Tabeirós, etc, chegando ata os límites dos mosteiros de Melón e Oseira. A grande acumulación de bens que acada nos ss XIII-XIV converteuno nun dos máis importantes da Galicia medieval, pero a partir da centuria seguinte caerá baixo o control da casa de Ulloa, primeiro, e logo da de Altamira. Só a partir da reforma do Císter comezará de novo a recuperar o control económico ata o proceso desamortizador. Na actualidade consérvase a igrexa conventual, bo reflexo da sobriedade ornamental que caracteriza a arquitectura cisterciense. Cunha planta basilical de tres naves e tres ábsidas na cabeceira, interesa subliñar a presenza dun falso triforio ou galería, pouco empregado nas...

    VER O DETALLE DO TERMO