"Anda" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 490.

  • Cornielles de Holanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflito suscitado por Francia contra as Provincias Unidas (1672-1678) por causa do seu crecente pulo económico e das consecuencias da Guerra de Devolución. Luís XIV tras aumentar as súas taxas aduaneiras (1667), buscou a alianza con Inglaterra, Portugal, Savoia, Baviera e Suecia para ocupar Lorena (1670) e atacar as Provincias Unidas (1672). Os holandeses, ante os ataques dos exércitos franceses, buscaron o apoio da coroa hispánica, do Sacro Imperio e de Dinamarca e nomearon a Guillerme III de Inglaterra stadhouder de Holanda. Non obstante , a retirada do conflito de Inglaterra (1674) e a derrota dos exércitos suecos (1675) obrigaron a Luís XIV a iniciar as conversacións que culminaron coa Paz de Nimega (1678).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade que se encarga de establecer estándares nas novas tecnoloxías relacionadas coas telecomunicacións para que se poidan empregar sen problemas en todos os países europeos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización non gobernamental, con sede en Xenebra, dedicada ao desenvolvemento de normas que faciliten o intercambio mundial de servicios e mercadorías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Número asignado a cada libro publicado ou a unha nova edición e que o identifica dunha forma exacta en todo o ámbito internacional. Emprégase tanto en biblioteconomía como comercialmente, e está formado por dez números divididos en catro grupos. Os tres primeiros indican o país, a editorial e a edición, e o cuarto é un identificador especial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Número de identificación unívoco para as publicacións periódicas, aceptado internacionalmente. Está formado por oito díxitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino de etimoloxía incerta, suponse que deriva do nome do franco-provenzal antigo Yolant, Yolans e Yolande, forma medieval de Violante que, á súa vez, deriva do latín Viola ‘violeta’. Para outros, a orixe é netamente xermánica, quizais composto de -lind ou      -linta ‘escudo’. Atribúeselle o significado de “cor da violeta”. Tamén se considera unha variante de Helena. Santa Iolanda (s XIII), filla do conde de Veanden (Polonia), da orde das dominicanas de Marienthal, celébrase o 28 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do arquipélago británico, situada ao O da illa de Gran Bretaña, da que só a separan 23 km no lugar máis estreito do mar de Irlanda (83.849 km2). Está dividida entre a República de Irlanda, estado soberano, e Irlanda do Norte, que forma parte do Reino Unido e Irlanda do Norte.
    Xeografía
    O zócolo irlandés componse dunha gran variedade de rochas primarias: calcarias paleozoicas, xistos e granitos. Morfoloxicamente a illa está formada por unha depresión central dominada ao N e ao S por macizos montañosos, onde aparecen lagos e turbeiras. Ao N, macizos graníticos e volcánicos aparecen separados por amplos golfos; o maior é o de Dún na nGall, no NO. Ao S os sistemas encadéanse de xeito lonxitudinal con máis continuidade, e forman un relevo de tipo apalachense (montañas de Corcaigh e Ciarraí). Neste sector atópase o punto culminante da illa, os 1.041 m de altitude do Carrantuohill. A rede hidrográfica ten como principal expoñente ao río Shannon (Ant-Sionna)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de Europa Occidental que ocupa a maior parte da illa homónima (70.273 km2; 3.828.000 h [2001]). A súa capital é Dublín.
    Xeografía económica
    O ingreso do país na Comunidade Económica Europea en 1973 significou un punto de inflexión na súa estrutura económica, que ata esa data se caracterizaba polo predominio do sector agropecuario, que proporcionaba a maior parte do emprego malia permanecer, en gran parte, sumido en condicións precapitalistas. As condicións climáticas impoñen un predominio dos cultivos pratenses, que ocupan máis de dúas terceiras partes da supericie agraria útil, o que favorece a orientación das explotacións cara á produción gandeira. O censo gandeiro é moi elevado e triplica á poboación humana. Destacan os armentíos bovino, ovino e porcino. O cooperativismo está moi estendido, especialmente para a produción leiteira. Ademais, cultívase millo, patacas, remolacha azucreira, hortalizas e maceiras....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio do NL da illa de Irlanda que forma parte de Reino Unido (13.576 km2; 1.702.000 h [2000]). A súa capital é Belfast.
    Xeografía< /B>
    O 62% da poboación é protestante e o 38% católica. Os protestantes son maioritarios en Belfast e nos distritos máis orientais do país, onde se concentra a produción industrial, mentres que os católicos habitan os condados rurais e os barrios periféricos de Belfast. O desenvolvemento do país vese moi freado polo conflito político. Malia a estreita vinculación con Reino Unido, a renda per cápita é sensiblemente inferior á do conxunto do país, pois non chega ao 70% dela.
    Historia
    Está formada polos antigos condados de Antrim, Armagh, Down, Fermanagh, Derry e Tyrone, que se corresponden coa antiga provincia histórica de Ulster. En 1920 promulgouse a Government of Ireland Act, pola que Ulster debía ser dirixido por un gobernador británico e un goberno autónomo responsable...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar de Europa que separa as illas de Gran Bretaña e Irlanda e que se comunica co Océano Atlántico polos canais do Norte e de San Xurxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relación de afecto entre irmáns ou persoas que comparten as mesmas afinidades.

    2. Asociación de persoas vinculadas por un labor, unhas ideas, etc, comúns, establecida cun carácter benéfico para socorrer os seus membros en caso de necesidade.

    3. Cada unha das federacións de municipios establecidas en Castela e León, inicialmente con carácter temporal, coa finalidade do interese xeral, sobre todo o mantemento da orde e da seguridade, e contra os abusos señoriais. Apareceron a finais do s XII, pero non adquiriron importancia ata finais dos ss XIV e XV, como consecuencia das guerras civís que debilitaron o poder público. Destacaron as de Toledo (1300), formada para perseguir bandoleiros; Segovia, impulsada e regulamentada por Enrique IV de Castela (1473); e a do Cantábrico, constituída a finais do s XIII, que administraba e gobernaba libremente as poboacións asociadas, ata o punto de que chegou a adquirir unha notable independencia respecto da coroa e a manter relacións directas con Inglaterra e Francia. Os Reis Católicos crearon a Santa Hermandad, a imaxe destas, que participou na Guerra de Granada e que foi perdendo as súas atribucións ata que desapareceu no s XVII. En Galicia constituíuse en 1458 a Irmandade Galega, formada polos...

      1. Confraría de carácter piadoso.

      2. Privilexio que unha comunidade relixiosa concede a alguén para facelo partícipe dalgunhas gracias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada en Caracas a partir de marzo de 1965. Subtitulouse “Boletín mensual de la Hermandad Gallega”. Dirixiuna inicialmente Celso E. Ferreiro, que en 1968 foi substituído por Gabriel Arcos. Voceira da Hermandad Gallega venezolana -que integraba o Centro Galego, a Casa de Galicia e o Lar Galego-, contou coa colaboración de destacados escritores galegos. Entre finais de 1970 e 1976 atravesou unha segunda etapa, que se interrompeu ata 1983, ano en que saíu como “Revista trimestral da Irmandade Galega de Venezuela”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade cuadrimestral editada en Xenebra a partir de 1977. Exerceu como voceira da Irmandade Galega en Suíza. Ademais da información societaria, incluíu diversos traballos de carácter cultural nas seccións “Follas culturais do noso pobo” e “Voces na cultura galega”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Galardóns outorgados pola Federación de Libreiros de Galicia, nos que se recoñece o labor realizado en favor do libro, a lectura e a cultura galega. Anualmente distínguense diferentes premios dirixidos ao autor, ao mellor libro galego, a un centro de ensino, a un medio de comunicación e a un libreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación galeguista fundada en Bos Aires en 1941. Inspirada por Castelao, levou a cabo actividades de tipo cultural e político en defensa da lingua galega durante os seus trinta e dous anos de existencia, nos que estivo presidida por persoeiros como Alonso Ríos, Rey Baltar e Ricardo Flores. Participou na fundación do Consello de Galicia en Montevideo e pediulle á ONU a condena do goberno franquista (1946) e levou a cabo unha campaña contra o emprego da bandeira monárquica nos centros galegos (1948). Organizou numerosas conferencias, exposicións de pinturas e colaborou coa Intersocietaria Gallega e con A Nosa Terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que adoptou un sector das Irmandades da Fala, dirixido por Vicente Risco na IV Asemblea Nacionalista de Monforte de Lemos (1922). Publicou o boletín Rexurdimento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federación que reuniu as irmandades locais e comarcais do Reino de Galicia establecida en 1467. Aprobada e ordenada polo Rei Enrique IV de Castela, estaba integrada polos alcaldes, deputados ou procuradores e cuadrilleiros. Dirixiu a Segunda Guerra Irmandiña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación galeguista que naceu a partir dunha reunión celebrada nos salóns da Real Academia Galega na Coruña o 18 de maio de 1916, convocada por Antón Villar Ponte. Os seus antecedentes foron as actividades dun grupo de galegos residentes en Madrid, que promoveron a revista Estudios Gallegos, e a publicación de Nacionalismo gallego: nuestra afirmación regional (1906), de Antón Villar Ponte, na que chamaba á creación dunha organización que defendese a lingua galega e o espallamento do seu uso. A esta primeira reunión asistiron Ramón Villar Ponte, Manuel Lugrís Freire, César Vaamonde, Uxío Carré Aldao, Luís Porteiro Garea, Rodrigo Sanz López e Francisco Tettamancy, entre outros. Nela aprobáronse uns estatutos nos que se sinalaban dous órganos de goberno colexiados, a Xunta Xeral e o Consello, e elixiuse como primeiro conselleiro a Antón Villar Ponte. Pouco despois, o 28 de maio, fundouse a Irmandade de Santiago de Compostela baixo a dirección de Luís Porteiro Garea e na que xa se...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Associação Cultural de Língua, Literatura e Cultura Lusófonas-Irmandades da Fala da Galiza e Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO