Irmandade Galega de Bos Aires
Irmandade Galega de Bos Aires
Agrupación galeguista fundada en Bos Aires en 1941. Inspirada por Castelao, levou a cabo actividades de tipo cultural e político en defensa da lingua galega durante os seus trinta e dous anos de existencia, nos que estivo presidida por persoeiros como Alonso Ríos, Rey Baltar e Ricardo Flores. Participou na fundación do Consello de Galicia en Montevideo e pediulle á ONU a condena do goberno franquista (1946) e levou a cabo unha campaña contra o emprego da bandeira monárquica nos centros galegos (1948). Organizou numerosas conferencias, exposicións de pinturas e colaborou coa Intersocietaria Gallega e con A Nosa Terra.