"Aso" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 411.

  • Cambio, de calquera tipo, na composición química global dunha rocha mediante procesos que se producen, fundamentalmente, cando a rocha se atopa no estado sólido. Para explicar o metasomatismo emprégase a teoría que afirma que este cambio está producido pola acción do magma que fai penetrar fluídos magmáticos no seo da rocha orixinal, co que se orixinan as transformacións químicas correspondentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estreito das Antillas que separa as illas de Puerto Rico e La Española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor. Foi catedrático de Lingua e Literatura Latinas na Universidade de Santiago de Compostela. Ocupou o cargo de vicereitor da Universidade de Santiago de Compostela (1945-1952, 1966-1968) e vicedirector da facultade de Filosofía e Letras de Santiago e do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. Destacan os seus traballos sobre toponimia galega que nun principio foron publicados nas revistas Verba e Cuadernos de Estudios Gallegos e, posteriormente, recompilados no libro Toponimia gallega y leonesa (1977). Tamén publicou Los Nombres propios personales con referencia a los españoles principalmente: discurso leído en la solemne inauguración del curso académico de 1933 a 1934 en la Universidad Literaria de Santiago (1934) e Orígenes de la literatura latina (1965). Ademais realizou numerosas traducións, entre as que destaca a do Liber Sancti Jacobi. Codex Calixtinus (1951), en colaboración, a de El mundo maravilloso del lenguaje: problemas, métodos y resultados de la lingüística moderna...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político xaponés. En 1982 foi elixido presidente do Jiyu Minshu-to (Partido Liberal Demócrata, JMt), partido conservador no poder desde 1955, para despois ser nomeado primeiro ministro (1982-1987). Impulsor dunha política de apertura económica e de aliñación do Xapón no mundo occidental, renunciou á presidencia do JMt e do goberno en 1987.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pobo prerromano de Gallaecia, do convento xurídico Bracarense. Mencionados na obra de Claudio Ptolomeo, non foi posible a súa localización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da costa N da illa de Arousa, situada entre as puntas de Cabalo e A Cova, na parroquia e concello da Illa de Arousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘nariz’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao músculo situado na cara, entre o nariz e as cellas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte superior da farinxe situada detrás do nariz que comunica coas fosas nasais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á nasofarinxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao nariz e ao estómago.

    2. Sonda que, introducida polo nariz, chega ata o estómago. Utilízase para extraer o contido gástrico ou para alimentar a un paciente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao nariz e ás queixadas.

    2. Rañura que separa as ventas do nariz das queixadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ruso. Publicou contos, poemas e vaudevilles, e fundou a revista Sovremennik. O triste destino dos pobres da capital foi o tema do libro Peterburgskie ugly (Rincóns de Peterburgo, 1845). A súa poesía enriqueceuse co espírito progresista da época, como en N’esčastnye (Os desgraciados, 1856). Influíu de forma decisiva na poesía rusa e soviética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ucraíno. Desenvolveu a súa obra en ruso, e nela reflectiu as súas diferenzas co réxime soviético, polas que se exiliou en París (1974). A súa obra V Okopakh Stalingrada (Nas trincheiras de Stalingrado, Premio Stalin 1946), está considerada como unha das novelas bélicas máis importantes da época. Tamén publicou Kira Georgievna (1961) e Po obe storomy okeana (Os dous lados do océano, 1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • propilparabeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ía marítima que une o Océano Atlántico co Pacífico percorrendo as costas setentrionais de Siberia e que atravesa o estreito de Bering. O primeiro que o explorou con éxito foi o sueco N. A. E. Nordenskiöld, que en 1875 chegou ata a desembocadura do Ienisei e en 1878-1879 fixo o percorrido de toda a ruta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ía marítima que une o Océano Atlántico co estreito de Bering pasando pola zona do Océano Ártico. O primeiro que o atravesou completamente foi Roald Amundsen entre 1903 e 1906.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Posta dun astro, especialmente do Sol, tras o horizonte.

    2. Punto do horizonte por onde se pon o Sol.

    3. Proceso de decadencia dalgunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO