"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

    1. de azougar ou azougarse.

    2. Que ten azougue.

    3. Dise do individuo que non pode estar quieto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de azougar.

    2. Falta de sosego e tranquilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplicar azougue a algunha cousa, especialmente aos vidros para facer espellos.

    2. Sufrir unha intoxicación debido á inhalación dos vapores do mercurio.

    3. Privar a alguén de sosego, de tranquilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Praza pública ou mercado.

    2. mercurio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa tardogótica de finais do s XIV, erixida sobre unha construción anterior do s XII, da que se conserva a portada de acceso. Mandouna construír Fernán Pérez de Andrade no mesmo lugar no que se celebraba o mercado de Azougue (Betanzos), que se facía no adro do recinto eclesiástico anterior. Trátase dun edificio de planta basilical de tres naves con armazón de madeira, transepto do mesmo ancho e tres ábsidas semipoligonais cubertas con bóveda de crucería. No tímpano da portada occidental existe unha representación da Epifanía e da Anunciación. No interior conserva un retablo do s XVIII, obra do escultor local Ignacio Francisco Gómez Soneira. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1944.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ioláceo, denegrido a causa do frío ou por algunha doenza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe dado coas mans nas nádegas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde á voz que designa ‘o que bota algo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar azoutas a alguén.

    2. Dar golpes cun azoute ou con algún obxecto semellante.

    3. Bater a tempestade, a chuvia, o vento, as ondas, etc, con violencia contra algunha cousa.

    4. Provocar un dano de gran magnitude.

    5. Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde á voz ‘dar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Instrumento de suplicio formado por cordas provistas de nós ou picos co que se flaxelaba aos delincuentes.

      2. Calquera instrumento para flaxelar.

    1. Golpe dado con algún obxecto en forma de azoute.

    2. Golpe dado nas cachas como castigo.

    3. Acción pola que unha persoa ou cousa é causa ou instrumento de calamidades e sufrimentos.

    4. Pena que se impuña a certos delincuentes para que foran azoutados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado á beira do mar Negro, entre a costa meridional de Ucraína, a península de Crimea e o delta do Kubán. Ten unha superficie de 36.000 Km2. Comunica co mar Negro polo estreito de Kerč´ e polo estreito de Geničesk.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prefixo usado para formar nomes de compostos que conteñen o grupo bivalente ON2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio do territorio de Gipuzkoa, Euskadi, drenado polo Urola e o Regil (13.536 h [1996]). Azpeitia é sede de feiras e mercado gandeiro. As actividades industriais céntranse na fabricación de mobles e na metalurxia. Cerca da vila está o santuario de Loiola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Lugo. Defensor do Absolutismo contra toda posible reforma liberal. En 1820 enviou ao Rei Fernando VII unha exposición na que lle solicitaba que nin as cortes nin o goberno se pronunciasen en materia eclesiástica, xa que son competencia exclusiva da Igrexa. Mandou constituír na diócese un tribunal eclesiástico encargado de velar polas lecturas (1821).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Canonista e moralista, chamado Doctor Navarro por razóns de nacemento. En 1552 escribiu en portugués o famoso Manual de Confessores, que despois (1556) traduciu ao castelán, engadíndolle cinco apéndices entre os que destacan o Comentario resolutorio de usuras e, sobre todo, o Comentario resolutorio de cambios. Aquí recoñeceu certa produtividade do diñeiro; tivo unha postura moderada contra a usura e estableceu unha tipoloxía dos cambios. En Roma defendeu a Bartolomé de Carranza (1567), e foi penitenciario apostólico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor vasco máis coñecido polo pseudónimo de Pedro de Axular. O seu dominio da lingua traduciuse na súa oratoria e, sobre todo, na súa única obra Gero (Despois, 1643), tratado ascético-místico de grande interese pola riqueza idiomática. Esta obra é unha peza fundamental para a reestruturación do idioma literario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parroquia navarra do Camiño Francés a Santiago, situada entre Estella e Los Arcos. Igrexa de San Pedro, de estilo gótico (s XVI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • No Islam, anxo da morte, encargado de separar a alma dos corpos dos mortos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xefe militar musulmán. Poucos anos despois de acabada a conquista do Reino de València por Xaime I de Aragón o Conquistador (1245), púxose á fronte dos musulmáns da parte meridional do país, rebelados contra o Rei Xaime. Coa axuda de Afonso X o Sabio, Rei de Castela e León,   mantivo a revolta ata 1258, pero fuxiu finalmente do país. Unha segunda revolta declarouse no 1275. Foi estimulada polos soberanos de Granada e o de Marrocos, que enviaron forzas granadinas comandadas polo mesmo al-Azraq. Este, sen embargo, morreu no ataque a Alcoi. A morte de al-Azraq foi atribuída á intervención de san Xurxo e deu orixe, xunto coa campaña seguinte do Rei e do infante Pedro que puxo fin á rebelión, non sen dificultades (Batalla de Llutxent) ás festas de mouros e cristiáns.

    VER O DETALLE DO TERMO