Azraq, al-
Xefe militar musulmán. Poucos anos despois de acabada a conquista do Reino de València por Xaime I de Aragón o Conquistador (1245), púxose á fronte dos musulmáns da parte meridional do país, rebelados contra o Rei Xaime. Coa axuda de Afonso X o Sabio, Rei de Castela e León, mantivo a revolta ata 1258, pero fuxiu finalmente do país. Unha segunda revolta declarouse no 1275. Foi estimulada polos soberanos de Granada e o de Marrocos, que enviaron forzas granadinas comandadas polo mesmo al-Azraq. Este, sen embargo, morreu no ataque a Alcoi. A morte de al-Azraq foi atribuída á intervención de san Xurxo e deu orixe, xunto coa campaña seguinte do Rei e do infante Pedro que puxo fin á rebelión, non sen dificultades (Batalla de Llutxent) ás festas de mouros e cristiáns.
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : Alcoi