"COU" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 304.

  • CIDADES

    Cidade de Columbia Bri­tánica, Canadá (545.671 h [2001] e 1.986.965 h [2001] a área metropolitana). Situada na costa do Pacífico, forma un porto natural na baía de Burrard, brazo do estreito de Georgia. É centro do comercio canadense polo Pacífico e cabeza de liña dos dous ferrocarrís transcontinentais: o Canadian National e o Canadian Pacific. A industria da madeira, a do papel e a alimentaria son as principais actividades fabrís. A área urbana expandiuse por núcleos próximos, como os de New Westminster e North Vancouver.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante. Formou parte de dúas das expedicións de Cook (1772-1775 e 1776-1780). Escribiu A Voyage of Discovery to the North Pacific and round the World (1798), relato da viaxe que fixo entre 1791 a 1794.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante e arquitecto francés. É coñecido polo seu álbum de notas e debuxos, repertorio de motivos arquitectónicos, iconográficos e decorativos, que constitúen unha fonte imprescindible para a comprensión do estilo gótico e un documento excepcional sobre o oficio dun arquitecto daquela época. Atribúenselle a catedral de Cambrai e a colexiata de Saint-Quintin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Zobra (Lalín). O seu cumio acada os 847 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO