Vancouver

Vancouver

Cidade de Columbia Bri­tánica, Canadá (545.671 h [2001] e 1.986.965 h [2001] a área metropolitana). Situada na costa do Pacífico, forma un porto natural na baía de Burrard, brazo do estreito de Georgia. É centro do comercio canadense polo Pacífico e cabeza de liña dos dous ferrocarrís transcontinentais: o Canadian National e o Canadian Pacific. A industria da madeira, a do papel e a alimentaria son as principais actividades fabrís. A área urbana expandiuse por núcleos próximos, como os de New Westminster e North Vancouver.