"Ende" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 379.

    1. Ofrecer algo a alguén como respecto ou recoñecemento.

    2. Obrigar ao enimigo a entregarse despois dunha loita.

    3. Depoñer as armas en sinal de submisión ou respecto.

    4. Deixar sen forzas.

    5. Dar algo produtividade ou beneficio.

    6. Ter a sensación de que o tempo pasa con lentitude.

    7. Dar algo un resultado ou un servizo proporcional á súa cantidade.

    8. Darse por vencido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liña calada ou bordada dunha media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe portuguesa que se asentou en Galicia e que trae por armas, en campo de prata, un caldeiro de sable na punta, con tres flores de lis de sinople, colocadas en faixa no xefe; bordo de goles, cargado de sete aspas de ouro, colocadas tres en xefe e dúas en cada flanco. Outro trae, escudo medio partido e cortado: 1, de prata, cun león da súa cor; 2, de sinople, con tres bandas de ouro; e 3, de ouro, con cinco roeis de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e cronista portugués. Ao servizo dos reis D. João II, do que foi secretario privado, D. Manuel, a quen acompañou a Castela, e de D. João III, foi un dos personaxes máis notables do Renacemento no seu país e destacou nos campos da literatura, da arquitectura, da música e da historia. Recompilou o Cancioneiro Geral (1516), a súa achega máis importante, unha escolma que recolle a obra de 286 poetas da segunda metade do s XV e principios do s XVI. Tamén escribiu unha Miscelânea (1554), versificada, en que recolle algúns dos acontecementos históricos máis importantes da época; as Trovas à morte de D. Inês de Castro, en que eloxia por primeira vez a figura histórica da nobre galega; Vida e Feitos de D. João II, un panexírico do monarca; e outros documentos máis breves como a Entrada del-Rei D. Manuel em Castela, Ida da Infanta D. Beatriz para Saboia e Tresladação do Corpo del-Rei D. João II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen revende.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantante de tangos. Emigrado a Arxentina, nos seus inicios musicais participou no coro do teatro Colón, na capital arxentina, e cantou tangos en diversas emisoras de radio. Caracterizado por un dicir elegante e emotivo, a súa clara dicción e o doce acento, colaborou con algunhas das máis afamadas orquestras do momento, como as de Osvaldo Fresendo, Juan Carlos Cobián, Julio de Carlo, Ciriaco Ortiz e Francisco Lomuto. En 1935 formou o trío Morel-Lesende-Mora, en colaboración con Joaquín M. Mora e Héctor Morel e, posteriormente, colaborou co Trío nº1, con Juan C. Cobián, C. Ortiz e C. Puglisi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Foi arquitecto dos Servicios Provinciais da Coruña de Urbanismo (1981). Das súas obras, caracterizadas pola simplificación e a orde, destacan os edificios para a sede da Cruz Vermella na Coruña (1979-1981), o centro de saúde de Culleredo (1994-1997) e o edificio para a redacción de La Voz de Galicia, en Arteixo. Recibiu o primeiro premio no Concurso de Ideas Vivendas para Marxinados (1987) da Xunta de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Saviñao baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sober baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso franciscano. Arabista e misioneiro, exerceu de interpréte nas embaixadas en Marrocos. Durante as misións en Palestina, realizou diversos achados arqueolóxicos. Publicou Las escuelas hispano-franciscanas de Marruecos (1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou casa das Señoritas Construción situada en Rosende (Sober). Foi construída en 1511 e ampliouse durante o s XVIII. Presenta planta en forma de L e ten unha solaina na parte posterior á que se accede por unha escaleira exterior. O conxunto completouse coa casa dos caseiros e cunha capela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prateiro. Activo en Ourense, onde foi prateiro da catedral entre 1564 e 1598, realizou diversas pezas para o mosteiro de Oseira, Santa María de Barra (Coles), Santa María de Melias, Santo Eusebio da Peroxa e Santa María Madre de Ourense. Foi tallador da casa da moeda da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Calvos de Socamiño (Touro). De pranta cadrada, realizouse con muros de cachotaría de granito con partes de cantaría, preto do canón do río Ulla. Presenta dunha capela exenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro dúplice situado en Ortoá (Sarria).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso agostiño. Tomou o hábito en Valladolid en 1826. Escribiu, entre outras obras, Cuaderno de instruciones arreglado conforme al Ritual del P. Méntrida, Manual de la Orden (1854), Observaciones meteorológicas y curiosidades astronómicas, Modelo práctico de enseñar a los indios en las escuelas, Aniterias de los indios ilocanos, su falsedad e impugnación e Díptica de los religiosos párrocos y sus obras realizadas en beneficio del pueblo de Narvacán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio da Antártida que constitúe unha dependencia de Nova Zelanda desde 1923. Esténdese entre os meridianos 160° L e o 150° O, ao S do paralelo 60° S nunha superficie de 414.400 km2 e 330.000 km2 de xeo permanente. Comprende o mar de Ross, parte de Terra Vitoria e o sector próximo ao polo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo usado, sobre todo en Europa Central, para designar a parte inferior e media do Permiano.

    VER O DETALLE DO TERMO