render

render

(< lat reddĕre‘devolver, restituír’)

  1. v t

    Ofrecer algo a alguén como respecto ou recoñecemento.

    Ex: O equipo rendeulle unha homenaxe aos seus fundadores.

  2. v t

    Obrigar ao enimigo a entregarse despois dunha loita.

    Ex: Rendéronos pola forza.

  3. v t

    Depoñer as armas en sinal de submisión ou respecto.

    Ex: Os insurxentes renderon as armas.

  4. v t

    Deixar sen forzas.

    Ex: Tanto traballo rendeunos.

  5. v i

    Dar algo produtividade ou beneficio.

    Ex: Na carreira rendeu o que se esperaba del.

  6. v i

    Ter a sensación de que o tempo pasa con lentitude.

    Ex: O tempo que estiven alí redeume coma se fosen días.

  7. v i

    Dar algo un resultado ou un servizo proporcional á súa cantidade.

    Ex: Co euro os cartos non renden coma antes.

  8. v pron

    Darse por vencido.

    Ex: O xogadores rendéronse cando lles meteron o terceiro gol.

Palabras veciñas

Rendar | rendeiro -ra | rendemento | render | rendeta | rendíbel | rendibilidade