rendemento
(
-
s
m
Proveito ou beneficio que produce alguén ou algo nun traballo.
-
s
m
[ECON]
-
Resultado que se deriva da actuación propia dunha determinada unidade económica referida a un certo período. Polo que atinxe aos procesos produtivos, considérase que o rendemento é a variación que experimenta a produción ante un certo incremento dos factores produtivos, basicamente o traballo, ou unha modificación na súa combinación.
-
Retribución que se percibe por un capital investido. Mídese como porcentaxe sobre o valor do investimento e é un indicador da súa eficiencia.
-
-
s
m
[QUÍM]
Relación entre o número de moles do produto que se forma nunha reacción química e o número de moles dun reactivo limitador na súa formación, alcanzando a estequiometría do proceso.
-
s
m
[TECNOL]
Relación de proporcionalidade, directa ou inversa, que se establece entre o efecto útil que se obtén nunha máquina, nun mecanismo ou nunha instalación e a enerxía que se consome para obtelo. O rendemento é sempre inferior á unidade polo feito de que sempre hai perdas de enerxía.
-
rendemento luminoso
[IND]
Cociente entre o fluxo total emitido por unha lámpada e a potencia consumida. Exprésase correntemente en lumens por wat (lm/W).