"Fer" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2007.

  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo. En 1917 licenciouse en Letras en Barcelona. Da súa produción destacan os poemarios L’amor de les tres taronges i altres poemas (O amor das tres laranxas e outros poemas, 1925) e Cançons de terra (Cancións de terra, 1947), xunto á peza teatral Antígona (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Comezou a súa carreira elaborando curtametraxes. Sentou as bases da chamada “comedia madrileña” con títulos como Tigres de papel (1977), Qué hace una chica como tú en un sitio como este? (1978) ou La mano negra (1980). Outras producións destacadas son: El caballero del dragón (1985), La vida alegre (1987), Bajarse al moro (1988), Rosa, Rosae (1993), Alegre ma non troppo (1994), El efecto mariposa (1995) e Los años bárbaros (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás columníferas.

    2. Planta da antiga orde das columníferas.

    3. Antiga orde de plantas dicotiledóneas dialipétalas, integrada por flores actinomorfas ou raramente cigomorfas, pentámeras, con dous verticilos de estames, o externo máis ou menos atrofiado e o interno moi ramificado e, a miúdo, cos filamentos soldados. Compuñan esta orde as familias das malváceas, bombacáceas, tiliáceas e esterculiáceas, actualmente incluídas na orde das malvais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía creada en 1776 co fin de atender as necesidades de formación dos oficiais da Armada, de acordo coas novas esixencias da navegación e da guerra. Constituíuse como un centro científico no contexto do movemento ilustrado. Seguindo o modelo da que existía en Cádiz, tiña unha estrutura militar e outra docente, constituída pola Academia, supeditada á primeira. O mando correspondía a un capitán de navío. O primeiro en exercer o cargo foi Francisco Javier de Winthuysen. Os gardas mariñas de Ferrol chegaron a dispoñer dun regulamento específico: Instrución para Guardias Marinas de la Compañía del Ferrol (1806). A creación desta compañía axudou a impulsar a actividade do departamento naval de Ferrol e favoreceu que acudisen pilotos, astrónomos, matemáticos e outros especialistas á cidade. Ademais, a Academia posuía un observatorio único en Galicia. Nas clases de capacitación para oficiais estudiábase aritmética, xeometría, trigonometría, cosmografía, navegación, artillería e manobras....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: cunchífero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Emigrante na Arxentina, colaborou en diversos xornais e cofundou, xunto con Teodoro Campos e Eliseo Alonso, a revista Mundo gallego. Pertencente á Xeración do 36, publicou, Penas son cantares (1951), Nouturnio de soedades (1952), Muiñada noitébrega (1955), Canto y grito (1956), Terra aluciada (1959), Desde el tiempo (1966), Otoño en soliloquio (1972) , España en lonjas (1975) e Os meus cantiles (1981). Como pintor, expuxo na Galería Lucense de Bos Aires. Foi membro correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e empresario. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en asuntos marítimos en Alemaña, Francia e Inglaterra. Axente de aduanas, titulouse en dirección de empresas e actividades turísticas. Foi presidente da Cámara de Comercio de Vigo (1984-2001), vicepresidente da Xunta do Porto e Ría de Vigo, do primeiro comité executivo da organización territorial pontevedresa da Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE) e do Grupo Corporación Noroeste. Desenvolveu a súa actividade empresarial en Fernando Conde y Compañía, Antonio Conde Hijos-Canarias, S A e Promociones Vigo, S A, e pertenceu aos consellos de administración das empresas do Grupo Corporación Noroeste, S A. Fundou a Asociación Provincial de Agencias Marítimas (1977) e colaborou na fundación, en 1977, da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro. Estudiou en Ourense, en Deusto e na École d’Electricité e Conduteur de Travaux de París. Foi comisario local de escavacións arqueolóxicas de Allariz e en 1936 participou no proxecto de desecación da lagoa de Antela. Colaborou en Cuadernos de Estudios Gallegos e no Boletín Auriense, e escribiu, entre outras obras, Dos villas romanas de la cibdá de Armeá, en Santa Mariña de Augas Santas (1959), Nuevas puntas de flecha en la Laguna de Antela (1959), La capilla titular de la sierra de San Mamed (1959), Un busto céltico (1959), O facho do Castro (1960), El castillo de Sande (1961) e El convento del Buen Xesús de La Limia (1962). Pertenceu á Real Academia Galega, á Real Academia de Historia e á Sociedade Arqueológica Martins Sarmento de Guimarães.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Asemblea ou reunión de varias persoas para tratar cuestións políticas, científicas, sociais ou outras, especialmente cando os participantes representan un determinado país.

      2. conferencia eclesiástica /

        Reunión do clero dunha circunscrición eclesiástica que posteriormente se substituíu por xornadas ou semanas de estudio.

      3. conferencia episcopal /

        Reunión do episcopado dun Estado ou dunha rexión eclesiástica e do correspondente organismo de coordinación. É unha institución de carácter permanente, composta polos bispos dun Estado, na que se realizan conxuntamente tarefas pastorais e que, de forma moderada, tamén pode desenvolver funcións administrativas e normativas. O Concilio Vaticano II deulles consistencia e pulo ás conferencias nacionais, e o Código de Dereito Canónico de 1983 regulamentou o seu funcionamento. A súa creación, suspensión ou cambio pertencen en exclusiva á Sé Apostólica.

      4. conferencia internacional

        Reunión diplomática convocada por un Estado ou por unha organización internacional para tratar temas de interese común ou para negociar a conclusión dun tratado.

    1. Discurso, especialmente de carácter didáctico, no que se tratan en público diferentes temas.

    2. Comunicación telefónica interurbana ou internacional.

    3. Reunión na que unha ou diversas persoas responden ás preguntas que lles fan os xornalistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conferencia internacional, coñecida como Cumio da Terra, realizada en Rio de Janeiro en xuño de 1992 co obxectivo de atopar un equilibrio entre o crecemento económico e demográfico e o respecto ao medio ambiente. Entre outros acordos, aprobouse a convención sobre a diversidade biolóxica (biodiversidade), que entrou en vigor en 1994 e que insta aos estados a preservar as áreas e as especies con interese ecolóxico, e a convención sobre o cambio climático, para o que os estados deben reducir a emisión de dióxido de carbono, entre outros gases, para non provocar cambios climáticos na Terra (obxectivos fixados para o ano 2000). Firmáronse tamén as normas do Programa 21, a Declaración de Rio sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento, onde se definen os dereitos e responsabilidades das nacións para o progreso da humanidade, e unha Declaración de Principios. Tamén se estableceron uns períodos extraordinarios de sesións, para os anos 1997 (Cumio da Terra +5) e 2002 (Cumio da Terra +10), para...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo internacional creado polas Nacións Unidas en 1964, que se ocupa das cuestións relacionadas co comercio internacional e das relacións económicas entre países desenvolvidos e subdesenvolvidos. Reúnese normalmente cada catro anos, desde a primeira, celebrada en Xenebra en 1964, ata a décima, en Bangkok en febreiro do 2000. A UNCTAD edita numerosas publicacións como Bulletin e Trade and Development Report.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización constituída en 1985 en Barcelona a iniciativa das VI xornadas internacionais do Centre Internacional Escarré per a les Minories Ètniques i Nacionals (1981). Agrupa movementos nacionalistas, políticos, culturais e sindicais das nacións sen Estado de Europa coa finalidade de potenciar a Europa das nacións como alternativa á Europa dos estados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conferencia celebrada dende 1934 por iniciativa do Bureau International d’Éducation (BIE, Oficina Internacional de Educación), con sede en Xenebra. Creado como un foro de diálogo entre os ministerios de Educación, coñeceuse ata 1969 como Conferencia Internacional de Instrución Pública. En 1960, o BIE integrouse na UNESCO. A partir de 1971, esta conferencia celébrase en anos impares, alternando coa Conferencia Xeral da UNESCO, que se reúne en anos pares. En cada CIE hai un tema central de estudo que, unha vez tratado, dá lugar a unha serie de recomendacións dirixidas aos diversos ministerios de Educación. A súa función principal é a de servir como centro internacional de educación comparada. Cada estado membro envía á CIE un informe sobre o movemento educativo do seu país, documentos que pasan a ser estudiados e investigados polos diferentes membros da organización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conferencia na que se reúnen algúns estados pertencentes ás Nacións Unidas para tratar diferentes aspectos relacionados coa situación da poboación do planeta e onde se ofrecen as pautas a seguir en política demográfica. A I Conferencia Internacional de Poboación tivo lugar en Roma en 1954, e a II Conferencia en Belgrado, en 1965. Na III Conferencia, levada a cabo en Bucarest en 1974 (Ano Mundial da Poboación), os países desenvolvidos presentaron o Plan de Acción Mundial sobre Poboación, baseado nun maior control da natalidade, coa intención de frear a desmesurada explosión demográfica mundial. Os países desenvolvidos opuxéronse ao plan por considerar que atribuía á superpoboación as causas do subdesenvolvemento, orixinado en realidade pola explotación dos países pobres por parte dos ricos. A IV Conferencia tivo lugar en México en 1984, e a V Conferencia no Cairo en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: Organización para a Seguridade e Cooperación Europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xuntanza convocada polo Partido Socialista Obrero Español (PSOE) na primavera de 1974 co obxectivo de establecer un foro de diálogo e colaboración entre todos os partidos de carácter socialista que xurdiron en España trala Guerra Civil. O proxecto contou co apoio da Internacional Socialista. Accederon a participar o Partido Socialista Galego (PSG), o Moviment Socialista de Catalunya, o Partit Socialista del País Valencià e a Unión Sindical Obrera. Tralas dúas primeiras sesións, celebradas en París en xuño de 1974 e en Münstereifel (Renania do Norte-Westfalia) en setembro dese ano, o PSOE, que era o único membro da Internacional Socialista, asumiu o compromiso de recoñecer a existencia dos outros grupos. Nas primeiras reunións debateuse a posibilidade de constituír unha federación permanente de todos os partidos socialistas españois; sen embargo, tralo XIII congreso do PSOE, celebrado en Suresnes en outono de 1974, os novos líderes do partido decidiron adoptar unha nova estratexia e abandonaron...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen participa nunha conferencia para resolver un asunto relevante.

    2. Persoa que pronuncia unha conferencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ter unha conversación dúas ou máis persoas para consultar ou discutir un asunto determinado.

    2. Pronunciar unha conferencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser conferido, especialmente os beneficios eclesiásticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Atribuírlle algo, normalmente un cargo, dignidade ou emprego, a alguén en virtude da propia autoridade.

    2. Proporcionarlle a alguén ou a algunha cousa unha calidade ou unha característica.

    3. Comparar unha cousa con outra, especialmente textos.

    4. Tratar varias persoas algún asunto.

    VER O DETALLE DO TERMO